"Unha das paisaxes máis fermosas do concello de Arzúa é esta fervenza da parroquia de Dombodán, que xorde pouco antes da confluencia co río Ulla e que fai de fronteira natural entre os concellos de Arzúa e Touro. Consta de dúas caídas duns 30 metros do rego de Saímes sobre unha superficie de gneis mesturado con cuarcita."