" É un espectacular espazo natural, incluído na Rede Natura 2000 da Unión Europea pola súa calidade ambiental e paisaxística e por ser a zona de nidificación de gran cantidade de aves. Diferentes paseos peonís, desde a praia Ladeira ata as calas do monte Lourido, permiten facer o seu percorrido, que inclúe o paseo Gonzalo Torrente Ballester na Ramallosa.
Trátase dun territorio de marisma de augas salobres, froito do encontro das augas doces do Miñor coa ría de Vigo. Incorpóranse tamén outros caudais fluviais como os dos pequenos ríos Belesar e Groba.
Este espazo é habitat de mamíferos acuáticos como a marta e de aves como as garzas reais, parrulos e diversos tipos de gaivotas, algunhas residentes e outras migratorias. Conta cunha superficie de 92 Ha."