Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Proceso formativo sobre planificación sustentable para o inicio online de Desourb

imagen noticias: 
entradilha noticias: 

Os socios do proxecto Desourb, lanzaron o 1 de marzo o proceso formativo a través de Internet sobre Planificación Sustentable dirixido a técnicos das administracións públicas que teñan interese en mellorar os seus coñecementos sobre ordenación territorial aplicando novas tecnoloxías.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, a través da Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico (Eixoecologia) no seu compromiso de iniciar o camiño da planificación territorial coherente e ordenada ao longo da fronteira con criterios sustentables, presentan un espazo en liña no que expoñer os resultados do proxecto Desourb, ferramentas de utilidade para a planificación sustentable e axudar á completar a formación específica nesta área.

Durante 16 semanas, do 1 de marzo ao 29 de xuño, os alumnos aprenderán a utilizar as TIC, Tecnoloxías da Información e a Comunicación, instrumentos de apoio esenciais para coñecer, organizar e optimizar os recursos territoriais, así como para facilitar a toma de decisións. Utilizaranse Sistemas de Información Xeográfica, ferramentas informáticas de planificación e xestión xeográfica.

 

Cooperación transfronteiriza
Este proxecto forma parte do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013 da Unión Europea. O obxectivo principal deste Programa e promover o desenvolvemento destas zonas fronteirizas e permite aproveitar as redes de cooperación existentes desenvolvidas desde 1999, con execución de proxectos de infraestruturas materiais, as que se foron incorporando progresivamente outros sectores como o turismo, servizos sociais, medio ambiente, innovación tecnolóxica, educación, sanidade ou cultura.