Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Hoxe o boneco está ledo… no rural.

Tras estar nunha empresa de animación en Santiago pasaron a instalarse no rural e comezaron unha iniciativa empresarial agochada detrás dun proxecto educativo. Deseñan e crean bonecos de la, algodón e madeira, apostando por un xeito de xogar máis sensible. Os seus "nichos de mercado" son dende tendas de puericultura a tendas de decoración, a finalidade é darlle valor engadido tendendo a seleccionar o cliente e entendendo os bonecos coma actores principais dunha mensaxe de maior globalidade axudando isto á súa valoración. Na elaboración dos bonecos pretenden ademais transmitir a idea do importante da relación coa xente que se traballa. Partes dos bonecos fanos coa colaboración das veciñas, previo exitoso curso de formación. Agora pretenden aumentar a variedade de bonecos e introducirse no mundo do accesorio, tamén facerse un oco no mercado extranxeiro.
Irixoa.