Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Rota do Monte Roxal-Teixido.

O primeiro tramo do percorrido é común nos PR-G 81 e 82. Comeza no aparcadoiro da encrucillada entre as estradas nova e vella de Trabada ás Rodrigas. Neste punto existe un panel con plano das dúas rutas.Na entrada da fraga encóntrase un refuxio con elementos explicativos da flora circundante.
A ruta ascende acompañando o regueiro Vilapercide ata o seu nacemento. Cruzando de beira a beira por pasarelas de madeira percíbese o típico bosque de ribeira húmido e escuro. Nas Liñeiras sepáranse ambas as sendas e o PR-G 82 cruza a estrada e ascende rozando o límite co termino municipal de Lourenzá. Atravésase a fraga por pistas forestais que discorren xunto ao regueiro Navaes,  regato que forma diversos saltos no seu percorrido.
Cruce en la CP-55-06, fraga de Becerreira, arroyo Vilapercide, As Liñeiras, zona alta de la fraga, cruce en la CP-55-06.