Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Produción de residuos per cápita

Descrición breve
Cantidade de residuos urbanos xerados por persoa ao longo dun ano nun determinado territorio (Anexo I).
A produción de residuos é un dos problemas aos que a sociedade actual ten que facer fronte xa que supón unha perda de recursos e enerxía, estando intimamente relacionado co desenvolvemento sustentable e a degradación do medio ambiente.
Para avaliar a eficiencia na produción e consumo de residuos dun país, analizouse a relación entre a produción de residuos per cápita e o PIB per cápita. Por un lado, considérase que o PIB cuantifica a capacidade de consumo e investimento en bens materiais dun país, mentres a produción de residuos é o resultado do consumo deses bens.

Fórmula de cálculo
Produción residuos per cápita = a/b
Produción de residuos/PIB = a/c

Variables
a - total de residuos urbanos xerados nun ano
b -número total de habitantes
c - PIB

Unidades
kg*hab-1*ano-1
euro*kg-1

Fontes
INE Portugal; Plan de xestión de residuos de Galicia 2010- 2020; Eurostat

Análise breve
Produción de residuos urbanos per cápita
A serie de datos utilizada para representar a produción de residuos urbanos foi de 2002 a 2009, visto que son os únicos anos para os cales existen datos tanto para Galicia como para o Norte de Portugal (Gráfico 9). Os valores de produción de residuos urbanos per cápita máis elevados verifícanse en España, revelando valores superiores aos de Europa, Portugal e a eurorrexión.
A excepción de Portugal, verifícase unha tendencia de decrecemento da produción de residuos per cápita na eurorrexión, en España e na UE-27. Entre 2002 e 2009 a produción de residuos per cápita en Portugal aumentou un 18%, mentres na UE-27, na eurorrexión e en España diminuíu un 3%, 9% e 15%, respectivamente.

En 2009 obsérvanse valores moi similares para España (547 kg *hab-1*ano-1), Europa (512 kg *hab-1*ano-1) e Portugal (517 kg *hab-1*ano-1), presentando a eurorrexión un valor notablemente inferior (446 kg *hab-1*ano-1).
68 Gráfico 9 - Produción de residuos urbanos per cápita no período de 2002 a 2009.

69 Figura 6 - Produción de residuos urbanos per cápita nos países da UE-27 e eurorrexión en 2009.


Os valores máis baixos da taxa de produción de residuos urbanos, entre os cales se encontran os da eurorrexión, pertencen a países cunha estrutura económica baseada no sector primario, como por exemplo os Países do Leste. A eurorrexión mostra valores máis baixos en comparación con España, Portugal e a media europea, xa que neste territorio prevalecen núcleos rurais de baixa densidade poboacional, onde aínda se manteñen os costumes antigos de consumo de materias primas, así como o aproveitamento dos residuos orgánicos (logo non son contabilizados como residuos xerados) e a utilización de menos cantidade de produtos con embalaxe. Os maiores valores de produción de residuos pertencen a países moi industrializados, con elevadas rendas per cápita, tal como Alemaña, Irlanda, Luxemburgo, entre outros (Figura 6).

Relación entre a produción de Residuos Urbanos vs PIB

En 2009, Portugal presentaba unha maior intensidade da relación entre a produción de residuos urbanos e o PIB con 43 ton/millón de euros, seguido da eurorrexión con 36 ton/millón de euros, de España con 33 ton/millón de euros e de Europa (UE-27) con 26 ton/millón de euros. Analizando a variación da intensidade da relación entre a produción de residuos urbanos e o PIB (Gráfico 10), verifícase que só Portugal presenta unha tendencia de crecemento desta intensidade no período considerado. Estes resultados evidencian que en Portugal a produción de residuos está fortemente relacionada co crecemento económico (aumento do PIB). Europa, España e a eurorrexión presentan unha tendencia de decrecemento e valores inferiores demostrando que a produción de residuos non se encontra directamente asociada ao crecemento económico.
71 Gráfico 10 - Intensidade da relación entre a produción de Residuos Urbanos e o PIB entre 2002 e 2009.

Valoración: 

negativo

negativo