Descrición breve
Cantidade de residuos que son obxecto de deposición separada por parte do titular fronte á cantidade total de residuos recollidos, coa finalidade de ser reciclados.
A recolla diferenciada de residuos maximiza a reciclaxe e outras formas de valorización dos residuos, reducindo a cantidade de residuos depositados en vertedoiros.
Fórmula de cálculo
(b/a)*100
Variables
a- total de residuos recollidos (t)
b- total de residuos recollidos selectivamente (t)
Unidades
Porcentaxe (%)
Fontes
INE Portugal; INE España
Análise breve
Gráfico 11 - Evolución da porcentaxe de residuos recollidos selectivamente entre 2004 e 2008.
Entre 2004 e 2008 a eurorrexión e España presentaron unha tendencia de diminución da porcentaxe de residuos urbanos recollidos selectivamente, mentres en Portugal verificouse unha tendencia de aumento (Gráfico 11).
En 2008 a porcentaxe de residuos recollidos selectivamente atinxiu valores do 20% en España, 12% en Portugal e 12% na eurorrexión.
Gráfico 12 - Evolución da cantidade de residuos recollidos selectivamente por habitante entre 2004 e 2008.
En relación á cantidade de residuos recollidos selectivamente por habitante, verificouse para o período de tempo en análise unha redución de 80kg/hab a 57kg/hab na eurorrexión e de 151kg/hab a 117kg/hab en España. En Portugal rexistrouse un aumento de 30kg/hab a 60kg/hab (Gráfico 12).
negativo