Descrición breve
Determina o consumo de auga distribuída por habitante para unha determinada rexión. Exprésase en m3*habitante-1*ano-1 e fai referencia ao consumo doméstico e municipal de auga, a excepción do consumo nos sectores económicos.
Fórmula de cálculo
a/b
Variables
a - consumo de auga rexistrado
b -total de habitantes
Unidades
m3*hab.-1*ano-1
Fontes
INE España; INE Portugal; IGE
Análise breve
Gráfico 13 - Consumo doméstico de auga per cápita anual no período de 2001 a 2008.
Entre 2001 e 2008, o consumo de auga decrece na eurorrexión de 67 m3*hab.-1 a 55 m3*hab.-1 e en España de 95 m3*hab.-1 a 80 m3*hab.-1.
En Portugal, para o mesmo período, o consumo mantense máis ou menos constante nun valor próximo aos 62 m3*hab.-1, existindo un decrecemento puntual até os 55 m3*hab.-1 en 2006 (Gráfico 13).
Figura 7 - Consumo doméstico de auga per cápita na UE-27 e na eurorrexión para o ano 2008.
En 2008 a eurorrexión presentaba un consumo de 55 m3*hab.-1, consumo semellante ao da República Checa (50 m3*hab.-1), Bulgaria e Romanía (ambas con 52 m3*hab.-1). Eslovenia, Portugal, Bélxica e Holanda presentan consumos superiores (61, 63, 65 e 69 m3*hab.-1 respectivamente). Os países con maiores consumos de auga son Dinamarca, España e Italia (74, 85 e 93 m3*hab.-1 respectivamente) (Figura 7).
negativo