Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Intensidade enerxética na economía

Descrición breve
A intensidade enerxética final é un indicador da eficiencia da economía que evidencia a relación entre a enerxía final consumida e a produción de bens. Unha intensidade enerxética da economía elevada indica unha baixa eficiencia da “conversión” de enerxía en riqueza.

Fórmula de cálculo
a/b

Variables
a – enerxía final consumida en toneladas equivalentes de petróleo
b – PIB a prezos constantes, con base no 2000 (en millóns de euros)

Unidades
tep/1000000€

Fontes
Mytic; INE Portugal; INEGA; Eurostat; DGEG

Análise breve
76 Gráfico 14 - Intensidade enerxética final (tep/106€) na economía entre 2001 e 2009.

A intensidade enerxética na economía na eurorrexión diminuíu de 158,8 tep/millóns € en 2001 a 144,61 tep/millóns € en 2009, valores superiores aos característicos da UE-27, que varían entre 142 e 136 tep/millóns para o mesmo período de tempo.

España e Portugal presentan valores sensiblemente inferiores aos da eurorrexión que se sitúan entre 138 e 120; e 142 e 136 tep/millóns de € respectivamente (Gráfico 14).
77 Figura 8 - Intensidade enerxética final na economía (en tep/106€ ) na UE-27 para o ano 2009.

O valor medio de intensidade enerxética final na UE-27 é de 112 tep/106€, aínda que a variabilidade entre os distintos países sexa elevada. Suíza (72 tep/106€), Reino Unido (79 tep/106 €), Dinamarca (84 tep/106€) e Alemaña (98 tep/106€) son os países cunha intensidade enerxética máis baixa. As intensidades enerxéticas máis elevadas corresponden a países como Bulgaria (392 tep/106€), Romanía (345 tep/106€), Estonia (310 tep/106€), Letonia (304 tep/106€) e a República Checa (303 tep/106€), que superan as 300 tep/106€ (Figura 8).

 

Valoración: 

negativo

negativo