Descrición breve
Proporción entre a electricidade producida a partir de fontes renovables e o consumo bruto de electricidade.
A Directiva da Comisión Europea sobre produción de electricidade a partir de fontes de enerxía renovables (Directiva nº 2001/77/CE de 27 de setembro13) fixa metas indicativas específicas para cada país para o ano 2010 en relación a 1995, propondo á UE un obxectivo do 22,1%.
Fórmula de cálculo
(a/b)*100
Variables
a - enerxía eléctrica producida por fontes de enerxía renovable
b - consumo bruto de electricidade
Unidades
Porcentaxe (%)
Fontes
Eurostat, Mytic, INEGA, DGEG, INE Portugal.
Análise breve
Gráfico 15 - Produción de electricidade a partir de renovables por tipo de fonte ano 2009.
13 A Directiva 2001/77/CE quedará revogada pola Directiva 2009/28/CE a partir de 1 de xaneiro de 2012, que xa establece Obxectivos globais nacionais para a cota de enerxía proveniente de fontes renovables no consumo final de enerxía en 2020.
Gráfico 16 — Porcentaxe do Consumo de enerxía eléctrica producida a partir de fontes de enerxía renovable no período de 2004 a 2009.
A produción de electricidade a partir de fontes de enerxía renovable na eurorrexión varía entre o 57% en 2004 e o 72% en 2009 (Gráfico 16). En España, entre o ano 2000 e 2009, tamén se verifica a mesma tendencia ascendente e o valor varía desde o 14% no ano 2002 ao 27% no ano 2009. En Portugal, existen altas variacións interanuais desde o 15% no ano 2005 até o 38% no ano 2003.
Figura 9 — Porcentaxe do consumo de enerxía eléctrica producida a partir de fontes de enerxía renovable na UE-27 para o ano 2008.
Neste aspecto cómpre salientar que a variabilidade interanual na produción eléctrica de orixe renovable se relaciona coas variacións climatolóxicas que inciden nos recursos hidráulicos aínda que mostre para España, Portugal e a eurorrexión unha maior estabilización, así como unha tendencia ascendente, a partir do ano 2005 pola entrada doutras fontes de enerxía renovable, principalmente a eólica (Figura 9).
A nivel europeo, en 2008 a porcentaxe do consumo de enerxía eléctrica producida a partir de fontes de enerxía renovable na eurorrexión (56%) sitúase ao nivel dos países coa porcentaxe máis elevada como é o caso de Austria (62%) ou Suecia (55,5%). Entre os países cos niveis máis baixos están Estonia (2%), Luxemburgo (4,1%), Polonia (4,2%) e Lituania (4,6%) (Figura 9).
positivo