Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Consumo enerxético en mobilidade

Descrición breve
Consumo de enerxía final dos transportes, referente á mobilidade de persoas e bens. O indicador exprésase en toneladas equivalentes de petróleo por cada 1000 habitantes.

Fórmula de cálculo
a/1000b

Variables
a - consumo enerxético por sector
b - número de habitantes

Unidades
tep/1000hab.

Fontes
INEGA; EEA ; INE Portugal; DGEG; CER; IDAE/Mytic

Análise breve
86
Gráfico 17 — Consumo enerxético por tipo de transporte na eurorrexión no ano 2008.

O transporte de uso maioritario é por estrada, que depende practicamente na súa totalidade do petróleo. Por outro lado, o transporte ferroviario só supón un consumo enerxético do 0,5% en relación ao total (Gráfico 17).
84 Gráfico 18 — Comparación do consumo enerxético per cápita en mobilidade.

O sector dos transportes na eurorrexión sufriu unha estabilización do consumo de combustibles derivados do petróleo até 2007 ano en que se verifica unha diminución da tendencia, cun decrecemento medio nos dous últimos anos do 4,92%, á semellanza do que acontece en España e na UE-27 (Gráfico 18).
85 Gráfico 19 — Consumo enerxético per cápita en transporte ferroviario (Anexo IV).

Desde 2001 verifícase un decrecemento progresivo no consumo enerxético en transporte ferroviario na eurorrexión chegando aos 3,11 tep/1000 hab en 2006 (Gráfico 19). En 2008 existe unha alteración desta tendencia e o consumo enerxético ferroviario aumenta até os 5,10 tep/1000 hab, sendo porén un consumo moi inferior ao de España (20,97 tep/1000 hab) e da UE-27(18,74 tep/1000 hab).

 

Valoración: 

neutro

neutro