Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Emisións GEI provenientes de sectores difusos

Descrición breve
As emisións producidas nos sectores non afectados polo comercio de dereitos de emisión (transporte, residencial, comercial, institucional, xestión de residuos, gases fluorados e agricultura) denomínanse de emisións difusas. Estes gases de efecto invernadoiro exprésanse en toneladas de CO2 equivalente (CO2-eq) por habitante. Na práctica, a totalidade de actividades económicas repercuten dunha forma ou doutra na evolución das emisións de GEI, e a evolución destas emisións é esencial para alcanzar os obxectivos fixados nos acordos internacionais de redución de emisións.

Fórmula de cálculo
a/b (ver anexo V)

Variables
a - toneladas de CO2equivalente
b - número de habitantes

Unidades
tonCO2eq*hab.-1

Fontes
SIAM; EEA

Análise breve

99
Gráfico 21 — Desagregación por sectores das emisións difusas de GEI na eurorrexión en 2008.

Estímase que en 2008 para a eurorrexión os transportes emitiron cerca do 47% do total de emisións GEI difusas (procedendo o 91% do transporte por estrada) (Gráfico 21). En Portugal as emisións de transporte corresponden ao 46% das difusas totais, en España ao 51% e na UE-27 ao 41%.


94 Gráfico 22— Evolución das emisións difusas de GEI per cápita.

As emisións históricas de GEI correspondentes aos sectores difusos presentan unha tendencia ascendente até o ano 2003, a partir do cal, as emisións difusas per cápita da eurorrexión estabilizáronse por volta dos 4,5 tonCO2eq*hab.-1 (Gráfico 22).

95 Gráfico 23— Evolución das emisións difusas de GEI per cápita provenientes do sector agrícola.

As emisións de GEI correspondentes ao sector agrícola en 2008 na eurorrexión foron de case o 22,34% do conxunto do total de emisións difusas de CO2. A súa contribución, a pesar de diminuír os últimos anos debido principalmente á reestruturación agrícola e pecuaria da eurorrexión, aínda é elevada visto que en España, Portugal e na UE-27 non chegaron ao 20% (Gráfico 23).
O principal contaminante emitido é o metano seguido a unha gran distancia polo óxido nitroso. Os subsectores “Xestión de Estrume” e “Fermentación Entérica” son os que máis contribúen á emisión de GEI á atmosfera.

96
Gráfico 24— Evolución das emisións difusas de GEI per cápita provenientes dos residuos.

As emisións de GEI per cápita provenientes de residuos na eurorrexión mantivéronse estables os últimos anos, mentres na UE-27 diminúen progresivamente. Mesmo así a súa contribución relativa ao total de emisións difusas é do 11,27%, un valor moi superior ao da UE-27 que é do 5,8% (Gráfico 24).

97 Gráfico 25— Evolución das emisións difusas de GEI per cápita provenientes do consumo de fluorados.

Os perfluorocarburos (PFCs), producidos esencialmente da fundición do aluminio, o hexafluoruro de xofre (SF6), orixinado por perdas no transporte de enerxía eléctrica en subestacións e os hidrofluorcarburos (HFC), provenientes de equipamentos de refrixeración, aire acondicionado e espumas, son os gases fluorados con efecto invernadoiro emitidos á atmosfera. A súa emisión ten sido ascendente os últimos anos (Gráfico 25), especialmente desde a retirada dos clorofluorcarburos (CFC) e hidroclorofluorcarburos (HCFC) que causaban danos no ozono estratosférico.

98

Gráfico 26— Evolución das emisións de GEI difusas per cápita provenientes dos transportes.

As emisións per cápita correspondentes ao transporte na eurorrexión aumentaron nos últimos anos até o ano 2006, seguido dunha estabilización das emisións en 2,09 tonCO2eq*hab-1 (Gráfico 26).
 

Valoración: 

negativo

negativo