Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Emisións GEI difusas/PIB

Descrición breve
Cálculo da cantidade de GEI emitidos por sectores difusos por unidade de PIB, medido en euros a prezos actuais. Este indicador mostra a eficiencia que teñen os sectores produtivos limitando as emisións de gases mentres se producen bens e servizos para o consumo.

Fórmula de cálculo
a/b

Variables
a – toneladas de CO2 equivalente emitida
b – PIB

Unidades
tCO2eq/1000€

Fontes
CMATI; INE Portugal; INE España; IGE; EEA

Análise breve

104 Gráfico 28— GEI emitidos por sectores difusos en relación ao PIB (Anexo IV).

O nivel de emisións por PIB decreceu cerca do 41% na eurorrexión desde o ano 1995 até 2008, pasando de 0,46 tonCO2eq/1000€ a 0,27. A pesar do decrecemento do indicador neste período de tempo, os niveis da eurorrexión aínda se sitúan por enriba dos de Portugal (0,25 tonCO2eq/1000€), España (0,19 tonCO2eq/1000€) e a UE-27 (0,19 tonCO2eq/1000€) (Gráfico 28).

105
Figura 12 — GEI difusos por PIB emitidos na UE-27 en 2008.

En comparación cos países europeos, os niveis da eurorrexión sitúanse lixeiramente por enriba de países como Irlanda, Eslovaquia ou Chipre e inferiores á República Checa e Estonia (Figura 12). Os países de menor desenvolvemento económico teñen menor eficiencia GEI/PIB, deste xeito Bulgaria alcanza case 0,7 tonCO2eq/1000€ e países como Romanía, Polonia, Lituania ou Hungría superan as 0,35 tonCO2eq/1000€. No extremo oposto encóntrase Suecia que ten unha relación GEI/PIB menor a 0,11 tonCO2eq/1000€, seguida por Finlandia e Dinamarca.
 

Valoración: 

negativo

negativo