Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Uso do solo

Descrición breve
Avalía os patróns e as dinámicas do uso do solo ocorrido nun determinado período de tempo. A análise dos patróns e dinámicas do uso do solo permite avaliar as presións ás que o mesmo está suxeito e a eficacia de estratexias e medidas de planificación e desenvolvemento territoriais.
As catro principais clases de uso do solo utilizadas foron: Zonas artificializadas, Zonas agrícolas, Zonas Forestais e seminaturais, Zonas húmidas e Corpos de auga (Anexo II - apéndice metodolóxico).

Fórmula de cálculo
Porcentaxe de superficie ocupada: (a/b)*100
Variación da superficie ocupada: [(a06-a90)/a90]*100

Variables
a90 - superficie ocupada por determinada clase de uso do solo en 1990 (ha)
a06 - superficie ocupada por determinada clase de uso do solo en 2006 (ha)
b - superficie total do territorio (ha)

Unidades
Porcentaxe (%)

Fontes
EEA

Análise breve
En 2006 os tipos de ocupación máis abondosas na eurorrexión eran as zonas forestais e seminaturais e as zonas agrícolas ocupando, respectivamente, cerca do 56% e 40% da superficie total do territorio (Gráfico 32). As zonas artificializadas e as zonas húmidas e corpos de auga posúen unha reducida expresión, ocupando valores respectivos do 3% e 1% da superficie total. En comparación cos valores nacionais, a eurorrexión presentaba en 2006 a maior porcentaxe de territorio ocupado por zonas forestais e seminaturais e menor porcentaxe de área ocupada por zonas agrícolas.
.
113 Gráfico 32 - Distribución en porcentaxe das clases de uso do solo en 2006.

114 Gráfico 33 - Variación das clases de uso do solo entre 1990 e 2006.

Entre 1990 e 2006, en termos porcentuais a clase de uso do solo que rexistrou maior crecemento foi a de zonas artificializadas. España rexistrou o maior crecemento (50%), seguido de Portugal (46%) e da eurorrexión (40%).
Para o mesmo período de tempo, a clase de zonas agrícolas rexistrou decrecementos do 0,3% na eurorrexión, 3% en Portugal e 1% en España (Gráfico 33). A clase de zonas forestais e seminaturais rexistrou un aumento do 0,2% en Portugal e diminuíu un 1% na eurorrexión e un 0,05% en España.

A clase de zonas húmidas e corpos de auga aumentou en todas as áreas de estudo, destacando Portugal onde o crecemento porcentual desta clase de uso do solo foi do 18%.

115 Gráfico 34 - Distribución en porcentaxe das clases dos territorios artificializados en 2006.

Do conxunto das zonas artificializadas, o tecido urbano descontinuo é a clase de uso de solo con maior peso, ocupando cerca do 66% da superficie de territorios artificializados na eurorrexión, 69% en Portugal e 34% en España (Gráfico 34).
 

Valoración: 

negativo

negativo