Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Superficie ocupada por área artificial na franxa costeira

Descrición breve
Avaliación do nivel de artificialización na zona costeira a través da análise do aumento da superficie de territorios artificializados nunha franxa de 10 km ao longo da costa.
A carga poboacional e o crecemento da superficie artificial é un dos factores de maior presión nas zonas costeiras de Galicia e do Norte de Portugal, asumindo especial relevancia cando está asociada á busca turística.
A edificación para vivendas (en especial a segunda residencia), os equipamentos e servizos e as infraestruturas de recreo e transportes son as principais causas do crecemento da superficie artificializada nas zonas costeiras.

Fórmula de cálculo
[(a06-a90)/a90]*100

Variables
a90 - superficie ocupada por área artificial na NUTIII nunha franxa de 10 km da costa en 1990 (ha)
a06 - superficie ocupada por área artificial na NUTIII nunha franxa de 10 km da costa en 2006 (ha)

Unidades
Porcentaxe (%)

Fontes
EEA; OSE

Análise breve
119 Gráfico 35 - Variación da superficie artificial na franxa costeira entre 1990 e 2006.

120 Figura 16 - Variación da superficie artificial na franxa costeira de 10 km na NUTIII entre 1990 e 2006 na eurorrexión, en Portugal e España.

Entre 1990 e 2006 verificouse unha tendencia crecente cara á artificialización da zona costeira. Neste período de tempo o crecemento da área artificial na franxa costeira foi do 13% na eurorrexión, 41% en Portugal e 37% en España (Gráfico 35 e Figura 16). Na eurorrexión o crecemento da área artificial foi maior na franxa costeira do Norte de Portugal, rexistrando valores do 61% en Miño-Lima, 52% en Cávado e 41% no Gran Porto. En Portugal o crecemento foi maior nas zonas costeiras do Oeste (104%), do Algarve (97%) e da Gran Lisboa (66%). En España rexistráronse maiores crecementos nas zonas costeiras de Castellón (92%), de Alacante (75%) e Illas Baleares (64%).

Valoración: 

negativo

negativo