Descrición breve
Relación entre a superficie do territorio clasificada como Espazos Naturais Protexidos (ENP) e superficie cuberta con plans de xestión.
Para España e Portugal consideráronse os seguintes ENP de ámbito nacional: Parques Nacionais; Parques Naturais; Reservas Naturais; Paisaxes Protexidas; Monumento Natural; Outros (Sitio de Interese Científico; Zonas Húmidas, etc).
Na análise da superficie dos ENP con plans de xestión tivéronse en conta, tanto en España como en Portugal, todos os plans de xestión que se encontraban normativamente aprobados e publicados. En España consideráronse os Planes Rectores de Uso y Gestión (PRUG) e outros14 e en Portugal consideráronse os Planos de Ordenamento das Áreas Protegidas (POAP) e os Planos de Ordenamento da Orla Costeira (POOC).
Fórmula de cálculo
(b/a)*100
Variables
a - superficie ocupada por ENP (ha)
b - superficie de espazos naturais cuberta por plans de xestión (ha)
Unidades
Porcentaxe (%)
Fontes
World Database on Protected Areas; INE España; INE Portugal; MARM; IGE; Xunta de Galicia; ICNB; EUROPARC-España.
Análise breve
En 2009 a porcentaxe de superficie de ENP con plans de xestión na eurorrexión presenta valores da orde do 43%, mentres en Portugal e España os valores son do 98% e 42%, respectivamente (Gráfico 40).
Tamén se verifica que, entre 1990 e 2009, houbo un aumento da superficie de espazos protexidos. Neste período de tempo a media do crecemento de ENP na UE-27 foi do 5%, mentres en España, Portugal e na eurorrexión aumentaron cerca do 5%, 3% e 2%, respectivamente.
14 Normas de Gestión; Normas de Conservación; Plan de Uso y Gestión; Plan Especial; Plan de Gestión y Desarrollo; Plan Especial; Plan Director.
Gráfico 40 - Porcentaxe de superficie de ENP cubertos con plans de xestión fronte á porcentaxe de ENP sen plans de xestión en 2009.
Superficie ocupada por áreas da Rede Natura 2000
Tamén se analizou a porcentaxe do territorio cuberta pola rede ecolóxica de ámbito Europeo, a Rede Natura 2000, formada polas Zonas Especiais de Protección (ZEP) e polos Lugares de Importancia Comunitaria (LIC). A porcentaxe do territorio ocupada por áreas da Rede Natura 2000 representa cerca do 16% da superficie total da eurorrexión, mentres Portugal, España e a media da UE-27 presentan valores respectivos da orde dos 17 %, 27% e 18% (Figura 18).
Figura 18 - Espazos Naturais Protexidos e áreas da Rede Natura 2000 na eurorrexión en 2009.
negativo