Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Geoportal

O XEOPORTAL é unha ferramenta que vai por a disposición dos usuarios todos os datos relevantes relacionados co desenvolvemento sustentable do territorio, ademais da súa evolución e información relacionada.

Os obxectivos son:

· Facilitar o acceso e a integración da información espacial, tanto a nivel institucional e empresarial como dos propios cidadáns, para estender o coñecemento e o uso da información xeográfica e a optimización da toma de decisións en base a ela.

· Promover os metadatos estandarizados como método para documentar a información espacial (estradas, entidades de poboación, usos do chan ou espazos protexidos) de cara a reducir custos e evitar duplicidade de esforzos.

· Animar á cooperación entre os axentes, favorecendo un clima de confianza para o intercambio de datos. Permitindo mellorar a toma de decisións en materia de planificación territorial sustentable.

Esta información será accesible para os cidadáns a través da web da Xunta de Galicia.

Subscríbase para recibir noticias sobre o Xeoportal e o proxecto Desourb