Un modelo de xestión e ordenación do territorio máis sustentable
Eixoecologia propón un modelo de territorio que garanta un uso eficiente dos seus recursos, estruturado e que propicie a igualdade de oportunidades a todos os cidadáns, avanzando cara a unha sociedade cohesionada.
Os territorios só poderán ser ambientalmente sustentables se son capaces de deseñar solucións de ordenamento do espazo, de mobilidade, de construción, e de subministración de servizos e de uso e recuperación/reciclaxe de recursos materiais. Ao ser ambientalmente sustentables, os territorios tórnanse tamén, económica e socialmente máis sustentables, pois se minimizan as externalidades negativas creadoras de custos para a poboación, empresas e a administración pública.
A proposta de Eixoecologia, o Modelo Territorial de Sustentabilidade do Noroeste Peninsular, estrutúrase en tres eixos principais, eficiencia ambiental, cohesión social e eficiencia económica.