Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

educación

Albergue Xuvenil Gandarío

O Albergue Xuvenil de Gandarío, da Xunta de Galicia (Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia) está integrado na REAJ (Red Española de Albergues Juveniles) e na IYHF (International Youth Hostel Federation).  Dispón de: Abundante dotación de material para a práctica de deportes náuticos, un arboredo con máis de 200 especies, unha zona deportiva para a práctica de baloncesto, balonmán, voleibol, etc., amplas zonas cubertas, entre elas un merendeiro con capacidade para 400 persoas, un pavillón de actividades de dous andares con salón de actos, salas de xogos, músic

Xadelibros

Xestión económica do programa de gratuidade dos libros de texto.
 

Plan Edu-emprende

O Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende, constitúese como o marco de fomento do espírito emprendedor no sistema educativo de Galicia, e establece a estratexia de fomento da cultura emprendedora que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria lle transmitirá á comunidade educativa.
 

Proxecto ABALAR

ABALAR é o proxecto que promove a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia, como unha das áreas prioritarias de intervención da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. ABALAR é unha estratexia educativa global e integradora, definida con obxectivos determinados para maximizar o aproveitamento dos recursos na mellora das competencias da cidadanía galega, que coordina e impulsa un cambio de modelo educativo en Galicia apoiado na formación do profesorado e na modernización do ensino.
 

Unidade de Atención a Centros (U@Cega)

A Unidade de Atención a Centros (U@Cega) é un punto único de acceso ó soporte técnico para os centros educativos de ensino non universitario de Galicia. Este acceso ofrécese mediante teléfono, correo electrónico, fax, chat ou web e a asistencia realízase tanto "on line" como "in situ". Os seus servizos comprenden o soporte de infraestructura de comunicacións e informática, o soporte de aplicacións educativas e administrativas e o soporte de servizos pedagóxicos na aula.
 

 Rede da Educación Galega (REDUGA) 

Infraestrutura de telecomunicacións e redes ó proxecto SIEGA, dotándoo dos recursos informáticos e humanos esenciais para o funcionamento dos servizos educativos que se ofertan. REDUGA proporciona a infraestructura tecnolóxica necesaria a tódolos centros, integrándoos no sistema para que compartan os seus recursos pedagóxicos sen perder autonomía.

Servizos Educativos Multimedia (SEM)

Os Servizos Educativos Multimedia (SEM) provén á comunidade educativa de ferramentas de comunicación que estimulan a súa participación na sociedade da información. Estes servizos proporciónanlle ao profesorado instrumentos para desenvolver o seu labor educativo no novo marco tecnolóxico e melloran a súa eficacia pedagóxica. Tamén lle facilitan ao alumnado a aprendizaxe dos contidos curriculares, así como a súa adaptación ao contorno de traballo da sociedade da información.
 

Libros Interactivos Multimedia (LIM)

O sistema Lim é un entorno para a creación de materiais educativos, composto por un editor de actividades (EdiLim), un visualizador (LIM) e un arquivo en formato XML (libro) que define as propiedades do libro e as distintas páxinas que o compoñen.
 

Ardora

Ardora é unha aplicación informática que permite, ós docentes, crear as súas propias actividades, en formato html, para os seus alumnos e alumnas dun xeito moi sinxelo.
 

ESPAZO WEB: Mundo de Milú (Fundación Meniños)

Mundo de Milú é un espazo que Meniños dirixe, fundamentalmente, aos máis cativos: recollendo as súas aportacións e propostas, os seus debuxos, comentarios,... E tamén ofrecendo xogos, ferramentas, ligazóns de internet, libros, etc., que poidan ser do seu interese e utilidade. Paralelamente, ábrese este espazo para os maiores que están en contacto cotiá con eles e que levan a cabo labores educativos, ben dende o seu papel de nais, pais..., ou dende o exercicio de profesións como profesores, monitores de tempo libre, etc.
 

Distribuir contido