Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Desenvolvemento Tecnolóxico

OPIDI

A OPIDi, incluída na Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, presta servizos de asesoramento, apoio e promoción ás entidades galegas (Organismos Públicos de Investigación, Centros Tecnolóxicos, Empresas, etc.), potenciando a súa implicación nos programas da Comisión Europea e noutros programas internacionais de investigación, desenvolvemento e innovación.
 

Clúster Alimentario de Galicia

 O obxecto da Asociación consiste en contribuír ao fortalecemento, potenciación, crecemento sustentable e mellora da competitividade e da internacionalización do sector alimentario, en xeral, de Galicia, como un dos sectores estratéxicos máis importantes do país. Este obxecto desenvolverase mediante a promoción da investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación, así como da mercadotecnia.

 Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia

 Organización de interese industrial cuxos obxetivos  son promover a difusión e aplicación de políticas en materia de calidade, tecnoloxía e innovación, recibindo adicionalmente a encomenda de xestión de infraestructuras tecnolóxicas; o Centro de Innovación e Servicios (CIS) do Deseño e a Tecnoloxía de Galicia, o Centro de Innovación e Servicios (CIS) Tecnolóxicos da Madeira de Galicia e o Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia, levando a cabo dende cada un dos centros antes indicados as actividades contempladas no marco da súa competencia técnica e estratéxica.

Distribuir contido