Con máis de 30 has de superficie este aula dispón de instalacións preparadas para a recepción dos visitantes e para realización de diversas actividades de educación e divulgación dirixidas ao público en xeral, pero especialmente aos máis novos.
Permite adquirir coñecementos básicos e unha formación correcta no ámbito forestal cos que facilita aos máis novos facer unha valoración do monte acorde coa súa importancia e desenvolver as actitudes e os comportamentos que reclaman as novas funcións que ten que cumprir o bosque a través de monitores e profesores competentes na materia e coa axuda de material escolar e divulgativo correctamente deseñad