Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Educación ambiental

Arquesán. Centro Agroturístico

Arqusán pretende con este centro, transmitir o bo facer dos nosos artesáns que ao longo do tempo deron á zona unha fama recoñecida e ben merecida de tradición queixeira. Ó mesmo tempo tentan inculcar ós nenos normas básicas hixiénico sanitarias na elaboración de alimentos e nocións de seguridade alimentaria, sen olvidar o coidado do medio ambiente.
 

Observatorio Galelo de educación ambiental

O Observatorio Galego de Educación Ambiental (OGEA) é o órgano colexiado de participación, consulta e asesoramento da Consellería de Medio Ambiente en relación co desenvolvemento da Educación Ambiental en Galicia. Os fins principais son a promoción, o seguimento e a avaliación permanente de Educación Ambiental na Comunidade Autónoma en base ás recomendacións contidas na EGEA.
 

Vai de Roteiros

Coordinado pola organización Verdegaia, o Programa VAI DE ROTEIROS!, ten un dobre obxectivo de dar forma a unha actividade que até o de agora non tiña un fío condutor visíble e de coñecer e valorar o mellor e o peor do noso territorio, educando e ao mesmo tempo reivindicando unha correcta xestión do mesmo.
 

Alvergue Turismo Rural Alvarella (entidade para a educación ambiental)

Entidade para a educación ambiental así coma un turismo rural didáctico no que todos os elementos que a compoñen intentar ser exemplo do respecto ao entorno natural.
 

Centro de Educación Ambiental "As Corcerizas"

O Centro de Educación Ambiental As Corcerizas é un proxecto diferencial de Amigos da Terra, xa que parte da esperanza dunha base social significativa, que ao longo destes anos foi traballando sobre os principios e valores que un día os motivou a afrontar este reto. O reto de demostrar a viabilidade e importancia de poñer en práctica un proxecto educativo en total coherencia co equipamento.
 

Programa DRUIDA

 Dentro do Programa ¡VIVE AO NATURAL! creouse este outro programa dirixido aos escolares. Ten como finalidade servir de complemento ao sistema educativo formal, facilitando a asimilación dos conceptos impartidos na aula, promover o desenvolvemento de novas aptitudes e actitudes, así como garantir o desenvolvemento do proxecto curricular nas áreas de ciencias naturais e sociais.

Programa CENTUREA

 Dentro do Programa ¡VIVE AO NATURAL! creouse este outro programa dirixido ao público en xeral que visita un espazo natural protexido, en grupos de 5 (mínimo) a 30 (máximo) persoas. Desenvolverase todos os días do ano.Inclúe as seguintes actividades, segundo o espazo natural: Visitas a centros de interpretación, itinerarios interpretativos guiados arredor dos centros, itinerarios interpretativos autoguiados, interpretación de exposicións, charlas explicativas e proxeccións de diaporamas e vídeos
 

Programa ¡VIVE AO NATURAL!

¡VIVE AO NATURAL! é un programa de educación ambiental deseñado pola Consellería de Medio Ambiente para que todas as persoas poidan coñecer e gozar dos espazos naturais protexidos de Galicia. Este programa quere convidar á xente a descubrir, de xeito participativo e ameno, a sorprendente e marabillosa biodiversidade de Galicia, a través da interpretación da natureza e dos seus elementos etnográficos.
 

Rede de Equipamentos de Educación Ambiental de Galiza

Centros, que tiveron un representante presente polo menos dous días no I Encontro Galego de Equipamentos para a Educación  Ambiental promovido pola SGEA.
 

Proxecto Fenix (SGEA)

 Este proxecto consiste en facer do proceso de análise diagnóstica unha parte inicial e precursora no desenvolvemento dun novo marco estratéxico para a EA en Galicia, o obxectivo final é  iniciar un “proceso de procesos” con distintos produtos (informes diagnósticos, plans de acción, DAFOs, seminarios, cartas de calidade, indicadores, etc.) coordenados e relacionados entre si.
 

Distribuir contido