Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Proxectos e iniciativas

Asociación Micolóxica "Refungando"

 Esta asociación preséntase como resposta á necesidade de información dos numerosos afeccionados da comarca, que ata o dagora se atopaban desamparados á hora de atopar un punto de formación e debate serio á hora de aumentar os coñecementos no mundo  dos fungos e a natureza.

WEB: Gastronomía Galega

Páxina dedicada á gastronomía galega onde se informa ampliamente sobre os produtos galegos, expóñense receitas,  artigos referidos á gastronomía, relatos, poesía e libros de interese relacionados con esta disciplina.
 

Asociación Medio Ambiental e Universitaria SYME

O obxetivo desta asociación e dar a coñecer todos os aspectos que afectan, tanto positivamente como negativamente no noso medio natural, o cal nos tempos actuáis, corre un gran perigo.
 

Os Xermolos

Xermolos son un grupo de voluntarios, xente nova e non tan nova, que perseguen esencialmente preservar e difundir a cultura galega. Funcionan en  dúas asociacións: A Asociación Xuvenil de Guitiriz: Xermolos, e a Asociación Xuvenil de Xermolos.  Unha centrada nos maiores: Escola Social Rural, Venres Culturais, Cabalgata de Reis..., outra nos máis novos: clases de guitarra, de gaita, teatro, certames, festival.

Club a Cambadela

O Club de Loitas Tradicionais A Cambadela da Estrada adícase á promoción, difusión e estudo da Loita Tradicional Galega, unha actividade deportivo-cultural que se realizaba en Galicia asociada a tarefas agrarias ou mariñeiras. Os obxectivos principais do club son: Difusión e promoción da Loita Tradicional Galega; estudo, depurado e análise técnica;  e busca de referencias orais e escritas sobre a Loita
 

Distribuir contido