Esta publicación incorpora unha valoración con carácter glogal que nos permite avanzar na integración paisaxística deste tipo de enerxía.
Esta guía formúlase en chave de paisaxe desde unha perspectiva contemporánea. A paisaxe desde unha aproximación dinámica, como síntese do modelo de usos do territorio e dos valores (tanxibles e intanxibles) que se proxectan nel, como dereito, como recurso económico e como elemento de identidade. Esta perspectiva dinámica da paisaxe favorece una visión de compromiso entre as actividades económicas actuais, a sostenibilidade económica e social e o mantemento dos valores culturais e ecolóxicos da paisaxe.