Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iníciar sessão de utilizador

Publicaciones

GUÍA DE CRITERIOS DE INTEGRACIÓN PAISAXÍSTICA DE PARQUES EÓLICOS

imagen: 

Esta publicación incorpora unha valoración con carácter glogal que nos permite avanzar na integración paisaxística deste tipo de enerxía.

PLATAFORMA DESOURB

imagen: 

Arquitectura técnica de ampliación de funcionalidades e ferramentas SIX do Proxecto DESOURB, no que se inclúe manual do usuario e unha guía de instalación e administración do mesmo.

BASE TOPOGRÁFICA URBANA DE GALICIA (BTUG) v1.0

imagen: 

O Instituto de Estudos do Territorio (IET), co propósito de harmonizar e modernizar a cartografía dos ámbitos urbanos, tratou de aplicar os avances tecnolóxicos e cambios metodolóxicos no proceso de obtención da cartografía e, o que é máis importante, aplicar a evolución conceptual habida desde a cartografía, xa sexa como mapas en papel ou como mapas dixitais, ata a información xeográfica, en forma de conxuntos de datos xeográficos para ser cargados nun SIX ou integrados nunha IDE.

IMAXES SATÉLITE

imagen: 

Co obxectivo de dispoñer dunha foto do territorio e actualizar toda a información xeográfica relacionada co proxecto Desourb, adquiríronse imaxes de distintos satélites capturadas en 2012.

Para máis información: scit.cmati@xunta.es

CARTOGRAFÍA BTG5 DA PENÍNSULA DO BARBANZA

imagen: 

Cartografía a escala 1/5.000 elaborada segundo o modelo de datos da Base Topográfica Armonizada de Galicia. Esta base topográfica componse dun conxunto de datos vectoriais de carácter topográfico totalmente interoperable e permite a súa análise e explotación en Sistemas de Información Xeográfica.
A información topográfica estrutúrase en 8 temas:
• Puntos de referencia
• Redes de transporte
• Nomes xeográficos
• Hidrografía
• Relevo
• Cuberta terrestre
• Edificacións, poboacións e construccións
• Servizos e instalacións

Para máis información: scit.cmati@xunta.es

Archivo PDF: 

Guía de la energía para centros escolares

Autores - Colaboradores: 

Montse Guerrero e Leire Rebolé
 

Esta guía propón a elaboración dun plan enerxético para os centros escolares que supoña unha ferramenta de traballo participativa e integradora co obxectivo de afrontar o estudo do consumo enerxético e reducir as emisións de CO2 asociadas. Descríbense as fases para o desenrolo de dito plan plasmando en cada unha delas ideas e fichas necesarias para levalas a cabo. Ofrécese tamén unha xustificación curricular do tema enerxético, consellos prácticos ,medidas de aforro e recursos didácticos complementarios.
Organismo promotor: CRANA

 

Optimización enerxética no sector cárnico en Galicia.

Este informe tras comezar cun análise do sector cárnico en España e Galicia, fai un estudo sobre a estrutura e proceso produtivo de dita industria, localización dos principais puntos de demanda enerxética e dando datos sobre tal consumo. Por elo plantexa medidas de aforro enerxético para este sector. Finaliza cun anexo adicado á coxeneración, presentándoa coma unha das solucións máis eficaces para diminuir os custos enerxéticos, entre outros, tamén neste sector.
Organismo Promotor: INEGA

Conteúdo sindicado