Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iníciar sessão de utilizador

Conservação da natureza

Fundación Fragas do Mondeo

Trátase dunha entidade non gubernamental (ONG) e non lucrativa (ONL) de carácter fundacional. O seu obxectivo é crear un fondo de conservación da natureza na comarca de As Mariñas (A Coruña), que permita comprar fincas de interese natural para a protección dos hábitats prioritarios. Deste xeito poden coidar a paisaxe e os bosques, asegurando un futuro para as especies de animais e plantas que conforman a biodiversidade destes ecosistemas.
 

Grupo Naturalista Hábitat

Esta asociación ten coma fin a conservación da natureza sobranceira en Galicia. Fundada na Coruña en 1979 por entusiastas estudosos da natureza, moitos deles afeccionados ás aves, xa dende o comezo compartíase co interese por artrópodos, réptiles, anfibios, mamíferos, plantas,... o que levou a unha mellor defensa de espazos coma un todo, coma hábitats. A iso dedican o seu traballo e estudo, á conservación dos espazos naturais, con ou sen protección legal.
 

Conteúdo sindicado