Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Boas prácticas

BioDiverCiudad.


Programa de educación ambiental aberto á cidadanía, de xeito especial aos nenos/as que ten coma fin aumentar o coñecemento da biodiversidade urbana. Este programa propón numerosas actividades de balde e ten na rede un instrumento de divulgación fundamental para toda a súa actividade.
Madrid, Barcelona, Lleida.
 

Urbanización do Parque Moret en Huelva.

Recuperación dun antigo parque grazas á estreita colaboración entre unha ampla plataforma cidadá e as autoridades locais. Desta colaboración xurdiu un proxecto que integrou as necesidades expresadas mediante a participación da cidadanía e os criterios técnicos.
Huelva.
 

Recuperación Medioambiental del tramo final del río Besòs.

Trátase da recuperación ambiental do que no seu momento era o degradado tramo final do río Besòs e o aproveitamento deste entorno como espazo de ocio para o cidadán. Os resultados obtidos foron a revitalización de zonas húmidas, a fauna, a paisaxe e a calidade da auga.
Barcelona, Santa Coloma de Gramenet, Montcada i Reixac e Sant Adrià del Besòs .
 

Anel Verde de Vitoria-Gasteiz.

Consiste nunha estratexia a gran escala e a longo prazo para dotar a Vitoria-Gasteiz dun continuo enlace de espazos naturais que rodean a cidade pola periferia. Este anel ten a finalidade de mellorar a calidade ecolóxica e paisaxística. A recuperación de todos os espazos levouse a cabo atendendo a idiosincrasia de cada un.
Vitoria-Gasteiz.
 

Pago por xeneración de residuos (taxa xusta) en Argentona (Barcelona)

Supón a instauración no Concello de Argentona dunha taxa pola cal os cidadáns que menos residuos xeran pagan menos e os que producen unha contía elevada pagan máis. Esta taxa é denominada "taxa xusta" polo reparto máis equitativo que establece á hora de pagar considerándose deste xeito un incentivo económico para reducir e reciclar.
Argentona.
 

Guía CARPE: directrices comúns para a compra pública responsable en Europa.

Guía que proporciona as directrices para diferentes estratexias de compra responsable.  Esta guía realizouse a través da exploración de oportunidades para a adopción de criterios sociais e ambientais nas compras de a realizar por entidades públicas. Este proxecto do cal forman parte doce membros de EUROCITIES, analizou experiencias a través dos diferentes enfoques da compra responsable coma o comercio xusto, a compra verde ou a promoción do emprego.

Guía para municipios para a inspección e mantemento das instalacións de enerxía solar térmica para a produción de ACS.

Documento creado coma complemento ás ordenanzas solares municipais. Inclúe ferramentas concretas aplicables directamente polos concellos entre os que destacan distintos aplicativos para diversas finalidades coma, por exemplo, comprobar se un edificio cumpre cos parámetros de dimensionado básicos.
Diputación de Barcelona.
 

CARGOHOPPER: Vehículo de reparto de mercadorías en zonas urbanas densas.

Sistema de reparto polo centro histórico da cidade de Utrecht consistente no reparto de mercadorías mediante un vehículo eléctrico movido con enerxía solar. Os beneficios supoñen a optimización da carga e a descarga, a fluidez do tráfico e a redución das emisións.
Utrecht (Países Baixos).
 

Plan de Prevención de Residuos Municipais de Tiana (Barcelona)

Primeiro plan destas características aprobado en Cataluña cuxos obxectivos son potenciar e planificar a medio e longo prazo as actividades de prevención e reutilización acordes coas políticas europeas na materia, e segundo os obxectivos do Programa de Xestión de Residuos Municipais de Cataluña (PROGREMIC).
Tiana .
 

Rede de Telecomunicacións GUIFI: libre, aberta e neutral.

Rede de telecomunicacións libre, aberta e neutral que se vertebra a partires dun acordo interconexión entre iguais, onde participante, ao conectarse, extende a rede e obtén conexión con todos os demais usuarios.
Diversos municipios españoles especialmente en Cataluña.
 

Distribuir contido