SODECO configúrase como unha sociedade anónima de carácter instrumental e de servizos de apoio ao desenvolvemento territorial, constituída pola Xunta de Galicia cuxo obxecto é a realización de actividades de investigación e a prestación de servizos relacionados cos estudos e a planificación territorial e o desenvolvemento comarcal. Así mesmo, encárgase da elaboración de estudos, programas, proxectos, plans e accións de desenvolvemento local e comarcal.