A rede galega de espazos naturais protexidos representa máis do 12% da superficie total galega. Nela recóllense aqueles espazos naturais da comunidade autonómica que dispoñen dun réxime especial de protección en virtude das diferentes normativas autonómicas, estatais ou comunitarias así como convenios internacionais. Estes espazos naturais recollen os ecosistemas máis representativos e significativos do territorio galego: costas e rías, lagoas, ecosistemas fluviais, serras do interior, fragas e devesas, etc.