Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Proxectos e iniciativas

FEG (Federación Ecoloxista Galega)

A Federación Ecoloxista Galega (FEG) é a principal federación ecoloxista de ámbito galego, actualmente formada por 16 asociacións, a maioría das asociacións ecoloxistas activas de Galicia, case todas de de ámbito local ou comarcal.  Un dos obxectivos da FEG é debater, pór en común e desenvolver tanto pronunciamentos públicos como campañas sobre os principais temas ambientais nos que estean interesados varios grupos.

Proxecto MEDRA

Proxecto MEDRA é unha acción de apoio continuado e persoalizado ás empresas novas, empregando os instrumentos máis axeitados ás súas especificidades. Éste diríxese a pequenas e medianas empresas de non máis de 4 anos de existencia e que, posuíndo polo menos unha pequena estrutura, teñen interese en mellorar a súa potencialidade competitiva.
 

Clúster Alimentario de Galicia

 O obxecto da Asociación consiste en contribuír ao fortalecemento, potenciación, crecemento sustentable e mellora da competitividade e da internacionalización do sector alimentario, en xeral, de Galicia, como un dos sectores estratéxicos máis importantes do país. Este obxecto desenvolverase mediante a promoción da investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación, así como da mercadotecnia.

Observatorio Gallego de la crisis y el medioambiente (OGEA)

El objetivo principal de este observatorio es contribuir con el conocimiento de las consecuencias que la coyuntura económica tiene sobre el sector ambiental, mediante la compilación, suministro y análisis de información cuantitativa, en forma de indicadores, que permitan facilitar la toma de decisiones en el ámbito ambiental y en el sector empresarial de servicios ambientales de Galicia.
 

Iniciativa pola Soberanía Alimentaria dos Pobos (ISAP)

A ISAP é unha alianza galega de organizacións que comparten, desde diferentes ámbitos de actuación e perspectivas, a defensa da soberanía alimentaria dos pobos. Naceu en Abril de 2008 seguindo o mandado do Foro Mundial para a Soberanía Alimentaria (Nyéléni 2007) co obxectivo de dar a coñecer, construír e defender a soberanía alimentaria dos pobos en e desde Galiza, cos pés na terra e cunha ollada global.
 

Programa VAI DE ROTEIROS!

Organizado pola Asociación Verdegaia  este programa ten dobre obxectivo, dar forma a unha actividade que até o de agora non tiñan un fío condutor visible e  coñecer e valorar o mellor e o peor do noso territorio, educando e ao mesmo tempo reivindicando unha correcta xestión do mesmo.
 

Rede Galega de Concellos pala Sostibilidade

A Rede Galega de Concellos pala Sostibilidade é unha asociación voluntaria de Concellos, promovida conxuntamente pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructurase e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), que pretende impulsar o desenvolvemento efectivo dos plans de sostibilidade local (Axenda 21 Local).
 

Aula da Natureza Juan Lambeye

Aula que realiza unha  importante de la labor divulgativa que está prestando o xardín, que permite coñecer un montón de flora autóctona,  ensínanos como é o estilo dun do jardín dun pazo galego, e sen dúbida axúdanos a valorar a botánica en xeral. E cunha sá de exposicións que engade interese ao conxunto.
 

Proxecto RONSEL

O Proxecto RONSEL pretende a documentación e investigación exhaustiva de todo   patrimonio inmaterial galego, ademais da súa promoción, protección, difusión e transmisión. Preténdense abordar estas tarefas de xeito científico para maximizar a súa eficacia.
 

Banco de Terras de Galicia

Supón a mobilización de terras agrarias mediante aluguer, é un banco público onde calquera persoa pode inscribir de xeito voluntario as súas fincas para permitir que sexan arrendadas por períodos máximos de 5 anos. É un intento por parte da Xunta de Galicia de crear riqueza e emprego mediante o arrendamento de fincas agrarias abandoadas ou improdutivas.
 

Distribuir contido