Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Este informe profundiza nos procesos de desenrolo local dende a perspectiva da sustentabilidade integral, atendendo tanto ao mundo urbano coma ao mundo rural nun contexto territorial.
Organismo promotor:OSE
 

Este documento orientativo establece un planteamento para o seguemento e avaliación correspondente ao período 2007-2013, atendendo ao novo Regramento, que prevé un seguemento estratéxico das estratexias nacionais comunitarias vinculado ás prioridades da UE e establecendo indicadores comúns e a súa cuantificación.
Organismo promotor:Dirección General de Agricultura y Desarrollo Rural
 

Nesta declaración resalta a crecente importancia das redes para a construción dunha Europa de interaccións e intercambios a nivel rexional, nacional e europeo así coma cos territorios máis globais, establecendo "pontes" para o desenrolo territorial e socioeconómico sostible.
Organismo promotor:CEMAT
 

Esta guía supón unha contribución ao equilibrio cidade-campo valorando os recursos do mundo rural coma factor de desenrolo. É unha promoción dunha ordeación sostible das zonas rurais irmandando o desenrolo e a protección dos valores patrimoniais, paisaxísticos, naturais e culturais.
Organismo promotor:CEMAT
 

Este libro fai un percorrido por diferentes aspectos vencellados ao Patrimonio Inmaterial. Coa idea condutora de que o Patrimonio Inmaterial pode ser un dos alicerces para definir estratexias de desenvolvemento que dean resposta a algúns dos problemas máis graves dos que se enfronta o mundo rural galego.
Organismo promotor:Xunta de Galicia, Universidade de Vigo
 

Estudo integral da Comarca da Mariña Occidental no que se realiza unha exhaustiva análise socioeconómica e unha pormenorizada relación de recursos do territorio. Inclúe un DAFO da comarca
 

Estudo integral da comarca de Ortegal no que se realiza unha exhaustiva análise socieconómica e unha pormenorizada relación de recursos do territorio. Inclúe un DAFO da comarca
 

Estudo integral da comarca da Mariña Central no que se realiza unha exhaustiva análese socioeconómica e unha pormenorizada relación de recursos do territorio. Inclúe un DAFO da comarca
 

Varios autores fan unha reflexión sobre os diferentes aspectos que definen a parroquia en Galicia. Pártese dunha visión actual, achegándose ao seu pasado, e analízase o seu presente e proxección de futuro. O libro acompáñase dun CD e un mapa de parroquias a escala 1:200.000