Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Este é un comic que conta historia  dunha viaxe no tempo co obxecto de amosar o que provocou o cambio climático comparando os mesmos escenarios e épocas distintas.
Organismo promotor:Xunta de Galicia. Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible. Climántica

 

Define o que supón a ordenación dos montes.
Organismo promotor: Xunta de Galicia. Consellería de Medio  Rural.

 

Este video é unha entrevista ao científico británico James Lovelock que viaxou a Galicia para recoller o Premio Fonseca 2009 de Divulgación Científica otorgado ao abeiro doPrograma ConCiencia creado polo Consorcio de Santiago e a Universidade de Santiago de Compostela. Nesta entrevista respondeu a diversas preguntas relacionadas co cambio climático.
Organismo promotor:CLIMÁNTICA

 

Conferencia impartida en Santiago de Compostela o 6 de outubro de 2009 polo científico británico James Lovelock, titulada “Cambio climático nun planeta vivente”. Entrega do Premio Fonseca a James Lovelock. Nesta conferencia o científico pon de manifesto a problemática do cambio climático no planeta.
Organismo promotor:CLIMÁNTICA

 

Este documento menciona as distintas actuacións e servicios existentes por parte da consellería para o mantemento dunha axeitada sanidade forestal dos montes galegos.
Organismo promotor:Xunta de Galicia. Consellería de Desenrolo Rural.


 

Este é un informe no cal mediante multitude de gráficos se especifican as emisións realizadas polos distintos sectores en Galicia no 2009. Tamén se realiza unha comparación destas emisións cos anos anteriores dende o 2005.
 

A temática deste libro docente está baseada nos residuos sólidos. A evolución histórica na xeneración, o coñecemento dos aspectos sanitarios e epidemolóxicos asociados aos residuos e as propiedades dos mesmos permiten elexr entre as diferentes formas de xestión, de xeito que se teña sempre presente o respecto ao medio ambiente e a proteción da saúde pública. A posibilidade de obter algún beneficio dos residuos plantexa tratamentos alternativos coma a reciclaxe ou a valorización, recurrindo, coma última solución, á eliminación segura.

Esta guía é unha ferramenta de apoio para os responsables municipais encargados da adquisición de equipamento e contratación de proxectos e construción de novas edificacións. Nunha primeira parte , inclúense consellor e especificacións        técnicas mínimas que hai que aplicar na compra de equipamento, citando as distintas tecnoloxías existentes e vantaxes e inconvenientes de cada unha.

Este documento é un aporte ás Corporacións Locais unha visión completa sobre como aproveitar os recursos locais e estimular a participación e a implicación ciudadá no bó uso da enerxía, reducindo deste xeito a contribución ao cambio climático e reducindo os seus efectos.
 

Este documento móstrase coma un instrumento de carácter estratéxico, coma a referencia para a concertación das políticas da Comunidad Autónoma en materia de transporte e sostibilidade cos correspondentes plans estatais e da Unión Europea. Nel plásmase, en materia de infraestructuras del transporte, os  obxectivos que ten plantexados Andalucía en relación coa competitividade, a cohesión territorial e a sostibilidade ambiental. Trátase dun documento que pretende incidir na competitividade andaluza.