Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Sociedade

Creación de itinerarios escolares.

O obxectivo desta boa práctica era converter o traxecto de ir a pé ou en bicicleta á escola nunha actividade cotiá agradable e segura para que os nenos/as a puideran realizar solos. As medidas adoptadas conseguiron reducir a velocidade no entorno dos centros escolares, incrementando a seguridade viaria e reducindo a mobilidade con vehículos.
Cerdanyola del Vallès (Barcelona).
 

Rede de sendas urbanas e servizo de préstamo de bicicletas.

A idea da que se partía era a de facilitar o descubrimento da rede de sendas urbanas mediante un proxecto piloto de préstamo de bicicletas, con puntos de recollida e entrega esparcidos de xeito homoxéneo por toda a cidade e puntos clave da rede. O proxecto levado a cabo tivo éxito entre a poboación e supuxo un incremento no número de usuarios de bicicleta.
Vitoria-Gasteiz (Álava).
 

Compra municipal ambientalmente correcta.

Procedeuse neste concello á implantación dun código interno de compras e contratos municipais baseado en criterios de aforro e eficiencia no consumo dos recursos e na filosofía do presuposto ambiental. Reduciuse con este código a xeración de residuos e emisións nas dependencias municipais , racionalizouse e ambientalizouse o servizo de compras e contratos, así coma un gasto menos de 5000 euros ao ano en adquisición de produtos de limpeza.
Manlleu (Barcelona).
 

Ekoscan: ferramenta para a ambientalización das instalacións e servizos municipais.

Para realizar esta boa práctica adaptouse unha ferramenta de mellora da xestión ambiental utilizada con éxito no ámbito industrial aos servizos e instalacións municipais. Conseguiuse unha efectiva mellora na xestión ambiental do servizo ou instalación municipal, sensibilizando á súa vez aos traballadores/as e cidadanía en actuacións que promoven a diminución da xeración de residuos e consumo racional de recursos.
Zumarraga (Gipuzkoa) Markina (Bizkaia).
 

Aplicacións municipais de criterios de sustentabilidade enerxética.

Esta boa práctica supuxo a definición dos criterios básicos municipais de cara a mellorar a calidade ambiental a través da busca da sustentabilidade enerxética do concello. Logrouse a realización de auditorías enerxéticas en instalacións municipais e a instalación e fomento de infraestruturas de xeración de enerxías alternativas á vez que sustentables.
Irún (Guipuzkoa).
 

Formación para a implantación de instalacións de enerxía renovable.

Neste concello levouse a cabo unha estratexia de implantación de enerxías renovables mediante formación e capacitación de persoas que se encarguen de instalar os mecanismos de enerxía renovable. Froito desta estratexia instaláronse 140 paneis solares e placas fotovoltaicas, realizouse un proxecto de capacitación profesional, pedagóxico e de conciencia cidadá e prodúxose un impulso para a creación dunha empresa de enerxías renovables.
Ermua (Bizkaia).
 

Aforro enerxético no alumeado público.

Esta iniciativa abordou a adecuación e redución do consumo enerxético municipal mellorando a eficiencia do alumeado público a as instalacións municipais. Conseguiuse unha redución de ata o 52% de consumo eléctrico, asi coma un menor gasto e contaminación lumínica.
Bakio (Bizkaia).
 

Campaña de sensibilización cidadán sobre sustentabilidade e Axenda Local 21.

Mediante distintos elementos de comunicación procedeuse á difusión do desenvolvemento da Axenda Local 21 e á sensibilización ambiental. Conseguiuse dar a coñecer á poboación a sustentabilidade, os avances conseguidos no marco da Axenda21 e a responsabilidade de cada individuo na mellora do seu entorno e a propia calidade de vida.
Zarautz (Guipuzkoa).
 

Recetario aberto de actibidades de educación para a sustentabilidade.

Neste concello constituiuse unha iniciativa de reflexión, debate e consenso, en base á participación activa do alumnado e profesorado de diversos centros educativos de Mungia; a elaboración dun "Recetario" aberto -e polo tanto modificable e susceptible de incorporar novas iniciativas- de actividades educativas da desenvolver tanto no ámbito escolar coma municipal en favor da sustentabilidade local.
Mungia (Bizkaia).
 

Monográficos de comunicación sobre a Axenda Local 21.

Esta iniciativa partiu da idea de difundir entre a cidadanía unha serie de artigos coleccionables que daban conta do proceso da Axenda Local 21 no concello. Conseguiuse que a cidadanía se informara e sensibilizara no referente ao proceso da Axenda 21 e os valores de desenvolvemento sustentable de xeito claro, directo e comprensible.
Llosio-Laudio (Álava).
 

Distribuir contido