Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Recursos Externos

Recetario aberto de actibidades de educación para a sustentabilidade.

Neste concello constituiuse unha iniciativa de reflexión, debate e consenso, en base á participación activa do alumnado e profesorado de diversos centros educativos de Mungia; a elaboración dun "Recetario" aberto -e polo tanto modificable e susceptible de incorporar novas iniciativas- de actividades educativas da desenvolver tanto no ámbito escolar coma municipal en favor da sustentabilidade local.
Mungia (Bizkaia).
 

Monográficos de comunicación sobre a Axenda Local 21.

Esta iniciativa partiu da idea de difundir entre a cidadanía unha serie de artigos coleccionables que daban conta do proceso da Axenda Local 21 no concello. Conseguiuse que a cidadanía se informara e sensibilizara no referente ao proceso da Axenda 21 e os valores de desenvolvemento sustentable de xeito claro, directo e comprensible.
Llosio-Laudio (Álava).
 

"Escolle os xogos para o teu parque".

No concello de Legazpi levouse a cabo o fomento da participación cidadá por medio dun folleto a rechear polos nenos do municipio acerca da elección dos xogos a instalar no novo parque infantil. Creouse deste xeito unha nova área de xogos a partires da opinión expresada por 125 nenos aos que se lles introduce nos procesos participativos e democráticos.
Legazpi (Guipuzkoa).
 

Campaña de comunicación dun Udaltalde 21.

Procedeuse nos concellos desta comarca á realización dunha campaña de concienciación cidadá para achegar o proceso da Axenda Local 21 á poboación e impulsar a súa participación. Esta campaña logrou levar a mensaxe da sustentabilidade á maioría dos fogares dos concellos.
Concellos da comarca de Buruntzaldea: Andoain, Astigarraga, Hernani, Ursurbil, Lasarte-Oria e Urnieta (Guipuzkoa).
 

Participación cidadá e comunicación sobre a sustentabilidade.

A intención desta iniciativa era establecer unha canle de participación cidadá permanente con identidade propia, o foro Arnasa, dende o cal se impulsarían accións a favor da sustentabilidade municipal e creación e consolidación de ferramentas de comunicación en torno á Axenda Local 21. Conseguiuse un foro estable de participación cidadá participativo activamente nos actos de educación e concienciación ambiental que impulsa conxuntamente co Concello , iniciativas de tipo medio ambiental.
Amurrio (Álava).
 

Foro pola sustentabilidade.

Tratouse neste foro de xerar unha cauce permanente entre o concello e a cidadanía con obxectivo de ser o órgano impulsor e avaliador da Axenda Local 21 do municipio. Logrouse a consolidación desta canle de comunicación conseguindo así a recollida da percepción cidadá e elaboración e seguimento do plan de acción local.
Alonsotegi (Bizkaia).
 

Sogama-Complexo Mediambiental

A Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA) é unha empresa pública autonómica, creada no ano 1992 polo Decreto 111/1992 da Xunta de Galicia, e adscrita á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Concíbese, por tanto, como un instrumento operativo ao servizo da política ambiental de Galicia e ao servizo do Goberno da Xunta en xeral.
 

Campaña de sensibilización e prevención contra o ruído.

Esta iniciativa consiste na sensibilización á poboación respecto á contaminación acústica, contribuíndo á súa prevención e redución dos niveis de ruído ambiental a medio prazo. Logrouse identificar os focos conflictivos respecto do ruido da cidade e priorizáronse as accións a levar a cabo en ditas zonas.
Lisboa (Portugal).
 

Plan director contra a contaminación lumínica.

O plan implantado trata de adecuar o alumeado público para reducir a contaminación lumínica do concello, recuperar a cúpula celeste coma patrimonio natural e permitir a súa observación. Ademais do concello promoveu este plan a Sociedade Astronómica de Figueres. O plan ten coma obxectivos evitar a dispersión cara o ceo, a intrusión lumínica, o deslumeamento e os efectos negativos sobre a biodiversidade, ademais do sobreconsumo de electricidade. A redución de emisión incontrolada de fluxo lumínico á atmósfera foi considerable sumado a un consecuente aforro enerxético e económico.

Estudo atmosférico da zona industrial.

Levouse a cabo un estudo da calidade do aire en zona industrial con problemas de emisións á atmósfera de xeito periódico. Dito estudo obtivo coma resultado que os valores son incluso menores que en áreas urbanas. Este estudo serve coma base de información que permite comparala con outros estudos (médicos, estatísticos, etc.).
Hernani (Guipuzcoa).
 

Distribuir contido