Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Natureza

Asociación Micolóxica "Refungando"

 Esta asociación preséntase como resposta á necesidade de información dos numerosos afeccionados da comarca, que ata o dagora se atopaban desamparados á hora de atopar un punto de formación e debate serio á hora de aumentar os coñecementos no mundo  dos fungos e a natureza.

Asociación Medio Ambiental e Universitaria SYME

O obxetivo desta asociación e dar a coñecer todos os aspectos que afectan, tanto positivamente como negativamente no noso medio natural, o cal nos tempos actuáis, corre un gran perigo.
 

Centro Tecnológico del Mar

CETMAR é unha fundación promovida pola Xunta de Galicia. Consiste nunha entidade de encontro e cooperación interinstitucional. O obxectivo de CETMAR é contribuir a mellorar as condicións para o desenvolvemento sustentable dos recursos mariños e, neste marco, contribuir a mellorar a eficiencia dos sectores da pesca , a acuicultura, a transformación dos produtos pesqueiros e todas aquelas actividades relacionadas directa ou indirectamente co uso e a explotación do mar e os seus recursos.

Centro IRIS: Integrado de Recursos Información e Servizos de medio ambiente

Os Centros IRIS de medio ambiente son unha iniciativa de Amigos da Terra Juventud, sección xuvenil da organización Amigos da Terra, coa que se pretende facilitar a crecente demanda da cidadanía ó acceso á información ambiental e/ou exercer o seu dereito a un medio ambiente adecuado.Dende estes centros proporcionan unha serie de servizos especialmente pensados e adicados á mocidade, pero que son accesibles á toda a cidadanía, independentemente da súa idade e condición.

Néboa Medio Ambiente

Néboa Medio Ambiente é unha asociación ecoloxista que nace no seo da entidade cultural Escola de Tempo e Aire Libre Néboa, coa idea de encauzar as inquietudes medio ambientais dalgúns socios e posibilita-la  súa actuación nesta dirección. A asociación agrupa a xente con todo tipo de inquietudes, entre eles biólogos, inxeñeiros, técnicos medio ambientais, mestres, monitores e directores de tempo libre, …
 

FEG (Federación Ecoloxista Galega)

A Federación Ecoloxista Galega (FEG) é a principal federación ecoloxista de ámbito galego, actualmente formada por 16 asociacións, a maioría das asociacións ecoloxistas activas de Galicia, case todas de de ámbito local ou comarcal.  Un dos obxectivos da FEG é debater, pór en común e desenvolver tanto pronunciamentos públicos como campañas sobre os principais temas ambientais nos que estean interesados varios grupos.

Observatorio Gallego de la crisis y el medioambiente (OGEA)

El objetivo principal de este observatorio es contribuir con el conocimiento de las consecuencias que la coyuntura económica tiene sobre el sector ambiental, mediante la compilación, suministro y análisis de información cuantitativa, en forma de indicadores, que permitan facilitar la toma de decisiones en el ámbito ambiental y en el sector empresarial de servicios ambientales de Galicia.
 

Distribuir contido