Xermolos son un grupo de voluntarios, xente nova e non tan nova, que perseguen esencialmente preservar e difundir a cultura galega. Funcionan en dúas asociacións: A Asociación Xuvenil de Guitiriz: Xermolos, e a Asociación Xuvenil de Xermolos. Unha centrada nos maiores: Escola Social Rural, Venres Culturais, Cabalgata de Reis..., outra nos máis novos: clases de guitarra, de gaita, teatro, certames, festival.