Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Enerxía

Plan de Loita contra o cambio climático de Vitoria-Gasteiz (2010-2020)

Elaboración dun plan que plantexa unha estratexia para a cidade de Vitoria-Gasteiz co fin de lograr a reducción de emisións dos GEI de cara ao ano 2020 así coma mitigar os efectos do cambio climático mediante accións de eficiencia e produción enerxética a escala municipal.
Vitoria-Gasteiz.
 

Cambio Global España 2020/2050. Programa Cidades: cara un pacto das cidades españolas ante o cambio global.

Guía para lograr o obxetivo de contar coas cidades españolas neutras en emisións de CO2. Asimesmo tamén se pretende unha descarbonización da sociedade española de cara ao 2020-2025.
España.
 

Desplegue de infraestructura para o coche eléctrico na Bahía de San Francisco (California)

Establecemento dunha rede de un cuarto de millón de puntos de recarga para os coches eléctricos.
Bahía de San Francisco (California).
 

Uso de vidrio de control solar, de vidrio de baixa emisividade e de outros tipos avanzados de vidrio para unha maior eficiencia enerxética en edificios.

Instalación de cristais multicapas de baixa emisividade (Low-E) ou de vidrios de control solar en inmobles residenciais e non residenciais. Este sistema supón ademais dun aforro económico para o usuario, unha reducción no consumo enerxético e de emisións.
Diversas.
 

38 pisos tutelados para personas maiores (Mallorca)

Deseño de pisos tutelados para persoas maiores, atendendo as súas necesidades, previo estudo, e minimizando o consumo enerxético do edificio, utilizando sistemas de climatización pasiva e activa. Para a refrixeración do edificio utilízase un sistema de tubos enterrados.
Palma de Mallorca.
 

MetalTIC Hogar Digital. Dómotica e xestión avanzada do fogar.

Casa-prototipo desenvolvida pola Universidade de Alicante dende o grupo de Domótica e Ambientes Intelixentes da unidade de investigación de Informática Industrial e Redes de Computadores coa intención de amosar unha vía de innovación no mundo empresarial que incorpore criterios de sustentabilidade na xestión avanzada do fogar.
Alicante.
 

Hemiciclo solar de Móstoles.

Construcción de un edificio bioclimático de 92 vivendas protexidas. Este edificio conta cun sistema xeotérmico que aproveita a temperatura constante do aire do subsolo e outros elementos, coma chimeneas solares que forzan a ventilación e a renovación natural do aire, unha cuberta vexetal que diminúe a temperatura en verán e aíllaa no inverno, un sistema de recollidad e aproveitamento da auga da choiva e captadores solares para quentar a auga sanitaria.
Móstoles.
 

Mellora na xestión da rede de auga de Ontinyent.

 Actuacións levadas a cabo pola Empresa Xeral Valenciana da Auga S.A., que coas tecnoloxías máis innovadoras conseguiu un aforro de auga e de enerxía. Entre as actuacións levadas a cabo destacan a implantación dun sistema de telecontrol e de telexestión da rede, xestión de contadores e sectorización hidráulica da rede de distribución.
Ontinyent.
 

Plan de actuacións para mellorar a eficiencia enerxética e reducir as emisións de CO2 da Escola Técnica Superior de Arquitectura del Vallès.

Medidas levadas a cabo nun amplo proceso de estudo e aplicación para diminuír o impacto ambiental asociado ao consumo enerxético de todos os edificios da UPC. Estos cambios foron realizados na xestión da calefacción, o que permitiu que un dos edificios que compoñen esta universidade gañara en eficiencia enerxética reducindo notablemente o seu consumo.

Instalación minieólica en edificios urbanos en Lisboa.

Trátase dunha instalación minieólica en cuberta que consta de oito aeroxeneradores urbanos que producen 38.000KWh ao ano.
Lisboa.
 

Distribuir contido