Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Coperación

Fundación Érguete-Integración

A Fundación Érguete-Integración nace coa finalidade de facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada no deseño e seguimento de itinerarios individualizados de inserción.
 

Solidariedade Internacional de Galicia (SIGA)

Asociación  Solidariedade Internacional de Galicia trabaja en Bolivia, Ecuador, Guatemala, Honduras e Senegal. Tamén realiza anualmente campañas de sensibilización en centros educativos de ensinanza primaria e ensinanza media de toda Galicia e tamén dirixidas á poboación en xeral. Ademais, distribúe e vende produtos de alimentación e artesanía de Comercio Xusto e realiza campañas de sensibilización e concienciación sobre esta forma de cooperación. Todas as navidades monta tendas temporales de Comercio Xusto en Vilagarcía de Arousa, Monforte, e outras localidades.

Fundación Meniños

Promovemos os dereitos da infancia, ofrecendo servizos de calidade contrastada para os nenos e nenas en situación de dificultade social; creando e difundindo coñecemento sobre a súa atención e favorecendo a participación doutras persoas e entidades, para garantir o seu benestar e o seu desenvolvemento integral.
 

A Cova da Terra

A Cova da Terra é unha ONG que traballa no eido do comercio xusto, vendendo produtos das cooperativas de países empobrecidos, sensibilizando e formando ás/aos consumidoras/es, e futur@s consumidoras/es da nosa contorna máis próximo.
 

Amigos Escaes-Perú

Amigos Escaes-Perú, nacemos como unha ONGD de ámbito nacional. Os nosos obxectivos céntranse sobre todo na sensibilización da sociedade española ante os problemas de subsistencia que existen no Terceiro Mundo.O noso traballo desenvólvese en colaboración cunha ONGD peruana, ESCAES, e consiste na captación de axuda para o desenvolvemento de actividades en Perú. Estas actividades céntranse no desenvolvemento integral do campesiñado dos Andes, en armonía cos patróns culturais aló existentes, respetando os intereses nacionais e rexionais e contribuíndo á planificación do país.
 

Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular

O Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular é unha agrupación europea territorial que forma vínculo entre as zonas urbanas na comunidade autónoma de Galicia e as da Rexión Norte de Portugal. O seu principal obxectivo é a cohesión e a estrutura do sistenma urbano, e a contribución á modernización das cidades mediante o desenvolvemento de programas da rede, a coperación, o intercambio de información e a planificación estratéxica conxunta.
 

Distribuir contido