Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Urbanismo

Uso de vidrio de control solar, de vidrio de baixa emisividade e de outros tipos avanzados de vidrio para unha maior eficiencia enerxética en edificios.

Instalación de cristais multicapas de baixa emisividade (Low-E) ou de vidrios de control solar en inmobles residenciais e non residenciais. Este sistema supón ademais dun aforro económico para o usuario, unha reducción no consumo enerxético e de emisións.
Diversas.
 

38 pisos tutelados para personas maiores (Mallorca)

Deseño de pisos tutelados para persoas maiores, atendendo as súas necesidades, previo estudo, e minimizando o consumo enerxético do edificio, utilizando sistemas de climatización pasiva e activa. Para a refrixeración do edificio utilízase un sistema de tubos enterrados.
Palma de Mallorca.
 

Dous bloques de vivendas e locais comerciais en San Cristóbal dos Ángeles (Madrid)

Construcción dun edificio de vivendas e locais comerciais de nova planta e rehabilitación doutro, utilizando un deseño que logra o maior aproveitamento do clima na climatización interior de ambos.
Madrid.
 

Edificio Pau Claris (Barcelona)

Deseño dun edificio de vivendas de aluguer. Realizouse un análese dos materiais, simulacións e comparacións de custes. Buscando minimizar o impacto ambiental do edificio.
Barcelona.
 

Torres Bioclimáticas no Humedal de Salburúa (Vitoria – Gasteiz)

Deseño de 4 torres de vivendas, locais comerciais e oficinas, atendendo a aspectos económicos, arquitectónicos, paisaxísticos, medioambientais e integrando a memoria urbana e a tradición moderna. Aténdese de xeito especial ao aproveitamento da radiación solar para lograr unha temperatura interior das torres que sexa confortable.
Vitoria-Gasteiz.
 

60 vivendas en Tossa de Mar (Girona)

Construcción de 60 vivendas de protección oficial atendendo a criterios de sustentabilidade. Todas as vivendas teñen dobre orientación e ventilación cruzada, e organízanse en dúas franxas diferenciadas (NE-SW) á hora de ordenar os espazos.
Tossa de Mar.
 

MetalTIC Hogar Digital. Dómotica e xestión avanzada do fogar.

Casa-prototipo desenvolvida pola Universidade de Alicante dende o grupo de Domótica e Ambientes Intelixentes da unidade de investigación de Informática Industrial e Redes de Computadores coa intención de amosar unha vía de innovación no mundo empresarial que incorpore criterios de sustentabilidade na xestión avanzada do fogar.
Alicante.
 

Hemiciclo solar de Móstoles.

Construcción de un edificio bioclimático de 92 vivendas protexidas. Este edificio conta cun sistema xeotérmico que aproveita a temperatura constante do aire do subsolo e outros elementos, coma chimeneas solares que forzan a ventilación e a renovación natural do aire, unha cuberta vexetal que diminúe a temperatura en verán e aíllaa no inverno, un sistema de recollidad e aproveitamento da auga da choiva e captadores solares para quentar a auga sanitaria.
Móstoles.
 

Xestión de residuos de obras nun edificio de vivendas en L’Ampolla Tarragona.

Xestión de residuos da construcción mediante actuacións que se centran na adecuación de zonas para a separación selectiva, disposición de contenedores especializados para cada fracción, formación axeitada aos operarios e control e seguemento da xestión dos residuos e operarios.
 L’Ampolla.
 

Sistema de District Heating: O caso de Helsinki (Finlandia)

Sistema de distribución de calor xerado nunha ubicación centralizada para a demanda de calefacción residencial e/ou comercial. A calor é obtida habitualmente dunha planta de coxeneración que de maior eficiencia que as convencionais aínda que tamén pode proceder de enerxías renovables. Helsinki foi a primeira cidade europea en instalar unha rede de distribución de calor urbana que supón hoxe en día un referente mundial pola súa extensión e funcionamento pois máis do 90% dos edificios en Helsinki se abastecen de calor a través deste sistema.
Helsinki (Finlandia).
 

Distribuir contido