Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

O sistema baséase no QR (Quick Response Barcode), un código de barras bidimensional que pode conter ata 7.089 caracteres alfanuméricos que permite a creación de contidos. A partir deste sistema un viaxeiro pode descargarse no móvil toda a información (codificada en códigos QR) sobre a Costa da Morte como monumentos , rutas turísticas ou enclaves naturais de interese. A web ofrece aos usuarios o servizo de creación de códigos QR e páxinas web adaptadas para o seu uso en dispositivos móviles asociasdas a ditos códigos.

Proxecto consistente na integración voluntaria de escolas nun programa para o cal deben realizar un diagnóstico ambiental e un programa reacción que dirixa a unha xestión máis sustentable, así coma integrar o medio ambiente nos currícula, nas actividades escolares e extraescolares.
Cataluña.
 

Sistema que inclúe aproveitamento de infraestrururas para comunicacións e servizos municipais ou a terceiros, permitindo unha solución integral de iluminación urbana ademais da creación dun novo modelo de negocio innovador, tanto para o concello coma para outros axentes do sector. Os resultados son aumento da eficiencia do alumeado, facilitación da súa xestión, aforro enerxético, económico e permite aproveitar as infraestruturas para outros usos.
Barcelona.
 

Estudo realizado mediante a aplicación dun modelo informático innovador para avaliar diversos servizos ecolóxicos e económicos e as posibles modificacións necesarias no tipo de vexetación e a súa distribución para obter maiores beneficios.
Barcelona.
 

Mellora enerxética dos edificios e reducción da pobreza nun barrio da cidade inglesa de Birmingham. Para poder ofrecer unha gama de accións que lograran a consecución de estes resultados, o Concello de Birmingham, a Asociación Familiar da Vivenda e Be Birmingham traballaron xuntos en colaboración cos residentes do barrio.
Birmingham (Inglaterra).
 

Organismo Autónomo Local referente en formación e xestión ambiental e importante instrumento de preservación do medio ambiente dentro do ámbito municipal, de xeito especial no mantemento do Anel Verde.
Vitoria-Gasteiz.
 

Sistema que permite obter en tempo real diversos parámetros do espazo público: condicións ambientais, fluxos de tráfico, dispoñibilidade de prazas de aparcamento nas rúas, necesidades de rego de zonas verdes, información relevante para a seguridade cidadá ou alumeado público dinámico que se adapta á demanda real de iluminación.
Barcelona.
 

Uso por parte da empresa de transporte urbano, nos seus autobuses, de biodiesel procedente de aceites reciclados. Os resultados supoñen unha reducción dos GEI nos vehículos dando, á súa vez, saída a un produto doméstico contaminante de non tratarse de xeito adecuado.
Donostia (San Sebastián).
 

Inclusión nos plegos de condicións do concurso de suministro de bancos de madeira de criterios ambientais, por parte do Servizo de Medio Ambiente da Diputación de Toledo coa colaboración do Servizo de Contratación. Entre outras condicións, é obrigado que a madeira conte cun certificado de xestión forestal.
Toledo.