Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Medidas levadas a cabo nun amplo proceso de estudo e aplicación para diminuír o impacto ambiental asociado ao consumo enerxético de todos os edificios da UPC. Estos cambios foron realizados na xestión da calefacción, o que permitiu que un dos edificios que compoñen esta universidade gañara en eficiencia enerxética reducindo notablemente o seu consumo.

O Plan Xeral de Ordenación Urbana deste concello plasma a obrigatoriedade de adoptar medidas para o fomento do aforro de auga. En concreto, obrígase á instalación de contadores individuais de auga para cada punto de consumo independente, o aproveitamento da auga de choiva e o aproveitamento de augas grises.
Calvià.
 

Plan Director que aposta pola utilización de augas externas á rede de auga potable da cidade para determinados usos coma a limpeza de rúas, rego de zonas verdes ou incluso industrial.
 Sabadell.
 

 Actuacións levadas a cabo pola Empresa Xeral Valenciana da Auga S.A., que coas tecnoloxías máis innovadoras conseguiu un aforro de auga e de enerxía. Entre as actuacións levadas a cabo destacan a implantación dun sistema de telecontrol e de telexestión da rede, xestión de contadores e sectorización hidráulica da rede de distribución.
Ontinyent.
 

Concello no cal se aprobou unha ordenanza municipal para o aforro de auga que incide nas novas construcións para uso residencial, hoteleiro ou deportivo. O obxectivo plantexado era reducir o consumo doméstico ata os valores recomendados de 180L/persoa e día para o 2010.
Sant Cugat del Vallès.
 

Implantación dun sistema de xestión remota e centralizada, vía Internet, da rede de rego dos espazos verdes da cidade. Este sistema permite un aforro importante de auga e facilita, a xestión do rego aportando aforro de tempo ao persoal de mantemento dedicado á programación, peche e apertura do rego das zonas verdes.
Mataró.
 

Suscripción do concello a un convenio coa Asociación de Empresarios Hoteleiros da Costa do Sol co obxectivo de aumentar a eficiencia das infraestruturas de abastecemento de auga dos hoteles para aumentar o aforro de auga nun sector en crecemento e que supón un elevado consumo de auga. Nas actuacións a levar a cabo destacan modificacións técnicas para a redución do consumo, medidas de concienciación, instalación de contadores electrónicos, entre outras.
Málaga.
 

 Implantación dun Plan de Aforro de auga que conseguiu dotar dunha maior e mellor eficiencia ao sistema de distribución e, actuar sobre a demanda para diminuír o consumo dos diferentes axentes.
Vitoria-Gasteiz.
 

Establecemento dun programa na cidade que permitiu involucra a todos os sectores sociais en acción efectivas no que respecta ao aforro de auga. Destacan, entre as actuacións levadas a cabo o desenvolvemento dunha campaña de sensibilización, desenvolvemento dun programa educativo, aprobación dun plan para aforrar auga, instalación de contadores de auga quente domiciliarios e construcción de vivendas con dispositivos aforradores de auga.
Zaragoza.
 

Éste centro de interpretación revela la evolución del castillo desde sus orígenes hasta la actualidad; para ello la exposición cuenta con una recreación de distintos ambientes de época, reproducción de objetos, paneles, textos e ilustraciones que se pueden tocar y usar de manera que el visitante pueda sentirse actor de la historia.