Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Creación dunha nova cultura de uso do autobús mediante actuacións coma unha reforma integral dos servizos de bus cun incremento de destinos, frecuencia e horarios; un control do aparcamento, prioridade de acceso e creación de servizos especiais de autobús; implantación de servizos vinculados ás festas de cada municipio; implantación de servizos nocturnos; nova estación de autobuses; e novos servizos regulares de autobús nas dúas principais cidades.
Menorca.
 

Transformación de 200 hectáreas industriais do barrio histórico de Poblenou no distrito produtivo da cidade destinado á concentración e desenvolvemento de actividades intensivas de coñecemento, mantendo o tecido residencial e comercial.
Barcelona.
 

Colección de objetos relacionados con los oficios tradicionales de la zona.
 

Desenvolvemento do distrito de Kronsberg co obxectivo de lograr un modelo de desenvolvemento sustentable no ámbito urbano cubrindo ao mesmo tempo as necesidades de nova vivenda. Na súa construcción adoptáronse os elementos máis innovadores.
Hannover (Alemania).
 

Consistente na rehabilitación dun barrio en Zaragoza, orientada a superar os desequilibrios presentes na planificación, mellorando a calidade e a funcionalidade dunha zona chamada a cumprir un papel de nova centralidade no futuro.

Plan de recuperación co obxectivo de eliminar os déficits estructurais existentes no núcleo urbano da cidade de Barcelona onde á degradación urbanística se suma unha degradación de tipo social. Este plan permite unha intervención consistente na creación de distintos instrumentos organizativos a diferentes escalas nun proceso continuado.
Barcelona.
 

Estudo sociolóxico dun barrio da cidade de Zaragoza cunha importante aportación de da participación cidadá. Dito estudo realizouse coa finalidade de que os datos obtidos sexan tidos en conta polo concello para unha transformación urbana no horizonte do 2025 onde o social e o urbanismo teñan igual protagonismo.
Zaragoza.
 

Gestión de extensa zona agrícola de 3.000 Ha co fin de preservala da presión urbanística e introducindo unha agricultura viable económicamente con cultivos coma hortalizas e froitas.
Comarca del Baix Llobregat (Barcelona).
 

Proxecto que establece a planificación, diagnóstico e xestión ambiental da Unidade Xeoecolóxica da Campiña de Córdoba, en relación co resto do concello. Dito proxecto pretende afrontar a problemática da simplificación da paisaxe agrícola, a perda de biodiversidade, os procesos erosivos, a contaminación difusa e a desconexión ambiental e territorial do municipio.
Córdoba.
 

Proxecto dirixido ao recoñecemento dos trazados dos camiños municipais e localización de fontes, abrevadeiros e alcubillas, regulando asimesmo o seu uso.
Córdoba.