Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Estas accións resúmense na elaboración dun mapa de ruído municipal para determinar os niveis de ruido en cada zona e as súas fontes así coma unha posterior execución para reducilos. Os principais logros destas accións consistiron na identificación das fontes principais de ruído, unha definición das vías para resolver os conflictos entre a poboación e as actividades máis ruidosas, así coma a aprobación dunha ordenanza municipal de ruído interior.
Hernani (Guipuzcoa).
 

Levouse a cabo un estudo da calidade do aire en zona industrial con problemas de emisións á atmósfera de xeito periódico. Dito estudo obtivo coma resultado que os valores son incluso menores que en áreas urbanas. Este estudo serve coma base de información que permite comparala con outros estudos (médicos, estatísticos, etc.).
Hernani (Guipuzcoa).
 

O plan implantado trata de adecuar o alumeado público para reducir a contaminación lumínica do concello, recuperar a cúpula celeste coma patrimonio natural e permitir a súa observación. Ademais do concello promoveu este plan a Sociedade Astronómica de Figueres. O plan ten coma obxectivos evitar a dispersión cara o ceo, a intrusión lumínica, o deslumeamento e os efectos negativos sobre a biodiversidade, ademais do sobreconsumo de electricidade. A redución de emisión incontrolada de fluxo lumínico á atmósfera foi considerable sumado a un consecuente aforro enerxético e económico.

Esta iniciativa consiste na sensibilización á poboación respecto á contaminación acústica, contribuíndo á súa prevención e redución dos niveis de ruído ambiental a medio prazo. Logrouse identificar os focos conflictivos respecto do ruido da cidade e priorizáronse as accións a levar a cabo en ditas zonas.
Lisboa (Portugal).
 

A Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA) é unha empresa pública autonómica, creada no ano 1992 polo Decreto 111/1992 da Xunta de Galicia, e adscrita á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Concíbese, por tanto, como un instrumento operativo ao servizo da política ambiental de Galicia e ao servizo do Goberno da Xunta en xeral.
 

Tratouse neste foro de xerar unha cauce permanente entre o concello e a cidadanía con obxectivo de ser o órgano impulsor e avaliador da Axenda Local 21 do municipio. Logrouse a consolidación desta canle de comunicación conseguindo así a recollida da percepción cidadá e elaboración e seguimento do plan de acción local.
Alonsotegi (Bizkaia).
 

A intención desta iniciativa era establecer unha canle de participación cidadá permanente con identidade propia, o foro Arnasa, dende o cal se impulsarían accións a favor da sustentabilidade municipal e creación e consolidación de ferramentas de comunicación en torno á Axenda Local 21. Conseguiuse un foro estable de participación cidadá participativo activamente nos actos de educación e concienciación ambiental que impulsa conxuntamente co Concello , iniciativas de tipo medio ambiental.
Amurrio (Álava).
 

Procedeuse nos concellos desta comarca á realización dunha campaña de concienciación cidadá para achegar o proceso da Axenda Local 21 á poboación e impulsar a súa participación. Esta campaña logrou levar a mensaxe da sustentabilidade á maioría dos fogares dos concellos.
Concellos da comarca de Buruntzaldea: Andoain, Astigarraga, Hernani, Ursurbil, Lasarte-Oria e Urnieta (Guipuzkoa).
 

No concello de Legazpi levouse a cabo o fomento da participación cidadá por medio dun folleto a rechear polos nenos do municipio acerca da elección dos xogos a instalar no novo parque infantil. Creouse deste xeito unha nova área de xogos a partires da opinión expresada por 125 nenos aos que se lles introduce nos procesos participativos e democráticos.
Legazpi (Guipuzkoa).
 

Esta iniciativa partiu da idea de difundir entre a cidadanía unha serie de artigos coleccionables que daban conta do proceso da Axenda Local 21 no concello. Conseguiuse que a cidadanía se informara e sensibilizara no referente ao proceso da Axenda 21 e os valores de desenvolvemento sustentable de xeito claro, directo e comprensible.
Llosio-Laudio (Álava).