Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Natureza

Centro de Recuperación de Fauna Silvestre

 Lugar destinado á recollida, atención e rehabilitación de especies de fauna silvestre feridas e en mal estado, có fin da súa posterior devolución ó medio natural. As instalacións comprenden unha área de recepción e atención veterinaria, quirófano, uci, cámaras de muda e voo e parque para aves acuáticas, ademais de instalacións necesarias para o mantemento e o funcionamento cotiá do centro.
 

Aula da Natureza de Cotorredondo (Marín-Pontevedra)

A Aula da Natureza de Cotorredondo, no Parque da Natureza do Lago Castiñeiras, é un Equipamento de Educación Ambiental aberto durante todo o ano, no que se pode atopar información sobre os distintos itinerarios e actividades a realizar no contorno do Parque, así como explicacións sobre os valores naturais e patrimoniais da zona.
 

Albergue e Aula de Natureza "A Reboleira" (Pedrafita do Cebreiro-Lugo).

Albergue situado no camiño de Santiago que ofrece hospedaxe para persoas e con cabaleirizas para quince cabalos.
 

Xeollador

O Xeollador é un visor espacial dos datos das estacións meteorolóxicas automáticas que poden atoparse na web de MeteoGalicia.
 

Rede de detección de raios

 Sistema operativo de detección de descargas eléctricas que permite a monitorización de treboadas en tempo real. O sistema permite tamén estimar as posibles evolucións a moi  curto prazo (nowcasting) destes fenómenos
 

Observatorio Galelo de educación ambiental

O Observatorio Galego de Educación Ambiental (OGEA) é o órgano colexiado de participación, consulta e asesoramento da Consellería de Medio Ambiente en relación co desenvolvemento da Educación Ambiental en Galicia. Os fins principais son a promoción, o seguimento e a avaliación permanente de Educación Ambiental na Comunidade Autónoma en base ás recomendacións contidas na EGEA.
 

Proxecto Ríos

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade.
 

Distribuir contido