Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Sociedade

ProjectZero Sønderborg (Dinamarca), cidade libre de emisións.

Proxecto parte da visión de converter a poboación nun territorio con cero emisións para o ano 2029. Proxecto formado por outros proxectos que afectan a todos os distintos sectores da sociedade, loitando por conseguir cumprir o reto dun compromiso e elevado nivel de participación de todos os axentes implicados.
Sønderborg (Dinamarca).
 

Diagnóstico sociourbanístico do barrio de Las Fuentes e propostas de actuación para o 2025 (Zaragoza)

Estudo sociolóxico dun barrio da cidade de Zaragoza cunha importante aportación de da participación cidadá. Dito estudo realizouse coa finalidade de que os datos obtidos sexan tidos en conta polo concello para unha transformación urbana no horizonte do 2025 onde o social e o urbanismo teñan igual protagonismo.
Zaragoza.
 

Plan integral de mellora e recuperación urbanística do distrito de Ciutat Vella (Barcelona)

Plan de recuperación co obxectivo de eliminar os déficits estructurais existentes no núcleo urbano da cidade de Barcelona onde á degradación urbanística se suma unha degradación de tipo social. Este plan permite unha intervención consistente na creación de distintos instrumentos organizativos a diferentes escalas nun proceso continuado.
Barcelona.
 

Propostas de revitalización urbana do barrio de Delicias (Zaragoza)

Consistente na rehabilitación dun barrio en Zaragoza, orientada a superar os desequilibrios presentes na planificación, mellorando a calidade e a funcionalidade dunha zona chamada a cumprir un papel de nova centralidade no futuro.

A reinvención do transporte colectivo en Menorca.

Creación dunha nova cultura de uso do autobús mediante actuacións coma unha reforma integral dos servizos de bus cun incremento de destinos, frecuencia e horarios; un control do aparcamento, prioridade de acceso e creación de servizos especiais de autobús; implantación de servizos vinculados ás festas de cada municipio; implantación de servizos nocturnos; nova estación de autobuses; e novos servizos regulares de autobús nas dúas principais cidades.
Menorca.
 

Bicibox. Novo tipo de aparcamento para bicicletas.

Rede de aparcamentos seguros para bicicletas privadas, consistente en contenedores con compartementos pechados. Este proxecto persegue, ademais de evitar os roubos das bicicletas, que o seu uso se estenda sen que ningún tipo de obstáculo o impida.
Área Metropolitana de Barcelona.
 

Seguridade vial en Fuenlabrada (Madrid)

Esta cidade recibiu o premio á mellor práctica urbana en seguridade vial, premio que foi merecido pola iniciativa pioneira en España de por mensaxes nos pasos de peóns sobre as mortes por atropello; a inclusión en semáforos da figura dunha muller; a promoción do uso de casco entre os motoristas con métodos innovadores e a instalación dun sistema para aumentar a visibilidade nos pasos de peóns.
Fuenlabrada.
 

60 vivendas en Tossa de Mar (Girona)

Construcción de 60 vivendas de protección oficial atendendo a criterios de sustentabilidade. Todas as vivendas teñen dobre orientación e ventilación cruzada, e organízanse en dúas franxas diferenciadas (NE-SW) á hora de ordenar os espazos.
Tossa de Mar.
 

Ordenanza para o aforro no consumo de auga en Castro Urdiales (Cantabria)

Ante o incremento do consumo de auga neste municipio, decidiuse a aprobación dunha ordenanza co fin de acatar este problema. O concello tamén se comprometeu a elaborar un plan para a instalación de tecnoloxías aforradoras de auga nos edificios municipais; sensibilización e concienciación cidadá; creación dun foro cidadá sobre a auga, no que se discutiron temas de abastecemento , saneamento e tamén aforro da auga, entre outros compromisos.
Cantabria.

Fomento do aforro de auga no proxecto Alcobendas, cidade da auga do século XXI.

O Proxecto Alcovendas busca facer un mellor uso e xestión da auga, por isto actuouse levando a cabo medidas coma creación de xornadas para o intercambio de información técnica e científica; aprobouse unha ordenanza municipal de aforro de auga; promoveuse entre o mercado o uso de tecnoloxías aforradoras de auga; elaborouse un manual de uso racional de auga e promoveuse a aplicación de sistemas de autoauditoría para as industrias; realizouse unha gran laboura de sensibilización da cidadanía mediante instrumentos coma talleres, excursións, etc; e creouse un centro de información e intercambio

Distribuir contido