Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

É un rexistro informatizado donde se recolle toda a información dos microchips dos cans identificados en Galicia. É propiedade da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, e actualmente está xestionado polo Consejo Galego de Colexios Veterinarios.
 

¡VIVE AO NATURAL! é un programa de educación ambiental deseñado pola Consellería de Medio Ambiente para que todas as persoas poidan coñecer e gozar dos espazos naturais protexidos de Galicia. Este programa quere convidar á xente a descubrir, de xeito participativo e ameno, a sorprendente e marabillosa biodiversidade de Galicia, a través da interpretación da natureza e dos seus elementos etnográficos.
 

 Dentro do Programa ¡VIVE AO NATURAL! creouse este outro programa dirixido ao público en xeral que visita un espazo natural protexido, en grupos de 5 (mínimo) a 30 (máximo) persoas. Desenvolverase todos os días do ano.Inclúe as seguintes actividades, segundo o espazo natural: Visitas a centros de interpretación, itinerarios interpretativos guiados arredor dos centros, itinerarios interpretativos autoguiados, interpretación de exposicións, charlas explicativas e proxeccións de diaporamas e vídeos
 

 Dentro do Programa ¡VIVE AO NATURAL! creouse este outro programa dirixido aos escolares. Ten como finalidade servir de complemento ao sistema educativo formal, facilitando a asimilación dos conceptos impartidos na aula, promover o desenvolvemento de novas aptitudes e actitudes, así como garantir o desenvolvemento do proxecto curricular nas áreas de ciencias naturais e sociais.

A rede galega de espazos naturais protexidos representa máis do 12% da superficie total galega. Nela recóllense aqueles espazos naturais da comunidade autonómica que dispoñen dun réxime especial de protección en virtude das diferentes normativas autonómicas, estatais ou comunitarias así como convenios internacionais. Estes espazos naturais recollen os ecosistemas máis representativos e significativos do territorio galego: costas e rías, lagoas, ecosistemas fluviais, serras do interior, fragas e devesas, etc.
 

Natura 2000 é a rede de espazos naturais protexidos a escala da Unión Europea creada en virtude da Directiva 92/43/CEE do Consello, de 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres (Directiva hábitats), con obxecto de salvagardar os espazos naturais mais importantes de Europa.

Espazos integrados nun termo municipal que polas súas singularidades sexan merecedores dalgún tipo de protección dos seus valores naturais.
 

Terreos pertencentes a institucións ou propietarios particulares, nos que existan formacións naturais, especies ou hábitats de flora e fauna silvestre dos que se considere de interese a súa protección.
 

A OPIDi, incluída na Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, presta servizos de asesoramento, apoio e promoción ás entidades galegas (Organismos Públicos de Investigación, Centros Tecnolóxicos, Empresas, etc.), potenciando a súa implicación nos programas da Comisión Europea e noutros programas internacionais de investigación, desenvolvemento e innovación.
 

A Rede de Centros Tecnolóxicos de Galicia (RETGALIA) pretende ser un mecanismo de traballo coordinado entre todos os Centros Tecnolóxicos que operan en Galicia, de maneira que se aproveiten todas as súas potencialidades, contribuindo a alcanzar a calidade total no sistema galego de innovación. Preténdese tamén favorecer o apoio ó desenvolvemento de accións precisas para a difusión do coñecemento, información e promoción da ciencia e a tecnoloxía, así coma a prestación de servizos ás empresas.