Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Proyectos e iniciativas

Quen da máis… na horta?

Proxecto que xurde da necesidade de novas canles de comercialización para os produtores hortícolas desa zona do Salnés. Co coñecemento previo por parte dun dos socios doutras iniciativas similares, crearon a primeira lonxa de produtos agrícolas de Galicia. Esta lonxa conta cun sistema de poxa que garante transparencia, seguridade e informacion o que é definitorio dunha nova relación entre comprador e vendedor. Convenceuse aos produtores destes produtos buscando incentivos e co tempo foron conseguindo que moitos comercializaran a través da lonxa.

Unha integración para encher de cousas.

Este proxecto comeza coa finalidade, por parte da Asociación de Minusválidos da comarca de Muros , de buscar saídas profesionais para os asociados. Dita asociación realizou un estudo de alternativas, a súa filosofía era a creación de autoemprego. A Cooperativa fabrica bolsas, sacos e láminas industriais de polietileno pero co carácter diferenciador de que dos seus 53 empregados do cadro de persoal a maioría ten algún tipo de discapacidade física. Venden en Galicia e norte peninsular e de Portugal, a súa intención é mellorar a maquinaria e xerar un maior número de empregos.
Carnota.

Pequenas cousas de grandes ideas.

Esta empresa creada por fillos de emigrantes fabrica de elementos por inxeción plástica, fundamentalmente orientada a pezas de descanso. Ante a advertencia de demanda de determinados elementos plásticos que compoñen os soportes de armarios ou camas. Aínda que a súa especialidade é o descanso, chegando a crear liñas das cales patentaron deseños, cubrindo o mercado rexional, nacional e outros paises, dispóñense a abrirse a novos campos propostos polos clientes como é o caso da industria do accesorio para o automóbil.
Pereiro de Aguiar.
 

Hai que tirala dende ben arriba.

Ante a observación por parte do dono da sidrería de que gran contía das mazás da zona eran levadas para producir sidra en terras veciñas, éste decidiu explotar ese recurso tan propio da zona creando unha sidrería. Multitude de agricultores de Chantada e pobos cercanos se achegan e levan directamente dende a árbore as mazás. Este é o gran segredo da calidade  pero reporta beneficios coma a inexistencia de intermediarios co cal o prezo percibido é maior.

O valor da innovación.

Juan Carlos López, modernizou e tecnificou o proceso produtivo da explotación avícola de seu pai, con elo foron aumentando o número de aves criadas e tamén os residuos xerados o cal supuña un problema a súa eliminación en determinadas épocas do ano. Aquí comeza o proxecto: valorización dos residuos como fertilizante. Tras unha viaxe a Holanda para informarse o propietario procedeu á construción dunha planta a carón da explotación avícola.

Un espazo para os nenos; que eles lle dean cor.

O proxecto que comeza fai 30 anos acabou sendo un complexo formado por un centro singular experimental de innovación psicopedagóxica e integración, aloxamento de turismo rural e instalacións-programas de formación ocupacional profesional. O centro psicopedagóxico plasma a innovación dende a educación buscando o libre desenvolvemento do potencial do neno, inclusive as estructuras arquitectónicas dos espazos están pensadas dende a mente dos nenos. Faise promoción da integración, diversidade cultural, etnografía e hai un continuo contacto coa natureza.

A quen lle toca pasa-lo ferro?

O proxecto comeza da man da asociación Aspadex que tras establecer un centro de día para o colectivo dos discapacitados con talleres ocupacionais (xardinería, encadernación, enmarcación…) non existentes na zona e  que tiveron un enorme éxito, crearon unha vivenda para ese colectivo.

Novos veciños na casa do lado.

Este proxecto consiste nunha vivenda tutelada para persoas con enfermidades mentais, de feito, aparece coma a primeira residencia deste tipo en Galicia. A elección do lugar no cal se construiu este centro foi froito do apoio das autoridades locais e a acollida foi estupenda por parte dos veciños o que fixo que a integración fose máis fácil que na cidade. As estancias contan con amplos espazos e moita luz para favorecer o benestar das persoas que alí viven.

Con moito acento; galego?

María Vázquez profesora de lingua española decidiu crear unha academia de idiomas especializada en novas tecnoloxías en Vimianzo ante a carencia de formación neste eido no ámbito rural. Unidades informáticas transportables dan servizo ata a 6 estudantes simultáneamente. O usuario utiliza uns auriculares e un micrófono e conversa cos compañeiros e profesor. O programa escoita, corrixe e analiza a pronunciación. O tipo de usuarios pertencen a tódalas idades, oficios e con todo tipo de obxectivos. Estanse organizando cursos para máis concellos.

Adaptación en ferro.

O que comezou no ano 53 na fabricación de fouces, co tempo  foise ampliando co uso de novas tecnoloxías e unha mellora da produtividade. Hoxe día é unha fábrica de pezas metálicas para sectores de ferraxería, construción e industria. Logrouse isto cunha mellora xeral na loxística que supuxo a automatización dalgúns dos procesos ou a incursión en novos sectores.  Agora esta fábrica conta cun laboratorio de I+D o que supón afrontar proxectos de maior envergadura.

Distribuir contenido