Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Santiago, 28 de febreiro de 2011.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, lidera un proxecto de cooperación transfronteiriza na Eurorrexion Galicia-Norte de Portugal, en asociación co Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, que ten como obxectivo definir un modelo para a planificación e xestión territorial da Eurorrexión.

Santiago de Compostela, 12 de Marzo - Expertos de referencia reuníronse o pasado xoves no marco do proxecto Desourb, desenvolvido entre a Xunta de Galicia e o Eixo Atlántico, a través da Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico, para tratar dous das principais cuestións que afectan ao desenvolvo Eurorrexión: a necesidade de autosuficiencia enerxética e a innovación como motor de impulso da economía e da mellora do medio ambiente.

Vila Real.- O Secretario de Estado de Medio Ambiente e Ordenamento do Territorio portugués, Pedro Afonso de Paulo, visitou o pasado martes as instalacións da Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico en Vila Real. Durante a visita tivo a ocasión de coñecer os traballos desenvolvidos pola entidade da man do secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán V. Mao; o presidente da comisión delegada de Desenvolvemento Sostible, Miguel Estéves; o director da Axencia, Francisco Pan-Montojo e o comité de expertos da entidade.

 

O Eixo Atlántico, a través da Agencia de Ecologia Urbana, e a Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia organizan o Foro de Intercambio de Experiencias Sostibles no marco do proxecto europeo Desourb "Un modelo innovador de xestión territorial" que se celebrará no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, os días 7 e 8 de novembro.

Os obxectivos son:

Facilitar o acceso e a integración da información espacial, tanto a nivel institucional e empresarial como dos propios cidadáns, para estender o coñecemento e o uso da información xeográfica e a optimización da toma de decisións en base a ela.

Promover os metadatos estandarizados como método para documentar a información espacial (estradas, entidades de poboación, usos do chan ou espazos protexidos) de cara a reducir custos e evitar duplicidade de esforzos.

 

O “Foro de experiencias en desenvolvemento sustentable” reuniu a expertos nacionais e internacionais no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela