Descrición breve
Taxa que define o peso da poboación desempregada sobre o total da poboación activa.
Considérase desempregado o individuo, con idade mínima de 15 anos que, no período de referencia, estaba simultaneamente nas situacións seguintes:
a) non tiña traballo remunerado nin calquera outro;
b) estaba dispoñible para traballar nun traballo remunerado ou non;
c) procurara un traballo, é dicir, fixera dilixencias no período especificado (período de referencia ou nas tres semanas anteriores) para encontrar un emprego remunerado ou non.
Fórmula de cálculo
(a/b)*100
Variables
a – total de poboación desempregada
b – total de poboación activa
Unidades
Porcentaxe (%) de habitantes desempregados
Fontes
INE Portugal; INE España; Eurostat
Análise breve
Gráfico 4- Taxa de desemprego observada no período de 2000 a 2010..
En Europa esta taxa mantívose relativamente constante no 9% de 2000 a 2005, presentando un decrecemento nos anos de 2006 a 2008 de cerca de dous valores porcentuais, seguido dunha subida ao 9,7% o ano 2010 (Gráfico 4). En Portugal desde o ano 2000 o desemprego ten aumentando con pequenas variacións de ano en ano, presentando a súa taxa máis elevada do 10,8% o ano 2010 (Gráfico 4). España é o país con maior taxa de desemprego de Europa. De 2000 a 2004 presentaba unha taxa que roldaba o 10%, entrando en decrecemento os anos seguintes, atinxindo o 8% en 2007. A partir de 2008 esa tendencia inverteuse presentando ao final de 2010 unha taxa de desemprego que roldaba o 20% (Gráfico 4). A eurorrexión presenta unha variación crecente da taxa de desemprego de cerca do 6,7% entre os anos de 2001 e 2010.
Figura 5 -Taxa de desemprego observada nos países da UE-27 para o ano 2010.
A eurorrexión presenta, o ano 2010, unha taxa de desemprego de cerca do 14%, valor que se encontra por debaixo dos tres países europeos con maior taxa de desemprego, principalmente España (20,1%), Letonia (18,7 %) e Lituania (17,8%) (Figura 5).
negativo