Descrición breve
O Rendemento per cápita calcúlase a través da suma da ganancia media mensual por habitante. A ganancia media mensual corresponde ao importe bruto en diñeiro e/ou xéneros, pagado ao traballador, con carácter regular en relación ao período de referencia, por tempo traballado ou traballo fornecido no período normal e extraordinario. Inclúe, ademais, o pagamento de horas remuneradas pero non efectuadas (vacacións, festivos e outras ausencias pagadas).
Fórmula de cálculo
∑i=ngi
Variables
gi - ganancia media mensual per capita
i - meses do ano
Unidades
Euros/traballador (€*traballador-1)
Fontes
INE Portugal; INE España
Análise breve
Gráfico 5 - Renda per cápita observado no período de 2004 a 2009. Para a eurorrexión só foi posible calcular para o período de 2000 a 2008.
De acordo cos datos dispoñibles para a eurorrexión, no período de 2004 a 2008 houbo un incremento medio do renda anual per cápita de cerca do 21%, o equivalente a 2580,45€ (Gráfico 5). En Portugal, para o período de 2004 a 2009 o incremento medio do rendemento anual per cápita foi case do 18%, o equivalente a 1880,40€ (Gráfico 5). En España, no mesmo período, houbo un incremento medio do rendemento anual per cápita de cerca do 23%, o equivalente a 4201,40€ (Gráfico 5).
neutro